Tejo (deporte)
O tejo ou turmequé[1] (tamén coñecido co nome da localidade de Turmequé) é un xogo que consiste en lanzar un disco metálico de preto de 680 gramos a través dunha cancha de arxila de 18 metros de longo para facer estoupar as mechas (pequenos sobres con pólvora) que se atopan no bocín (círculo metálico que se atopa na cancha) e así ir engadindo puntos. Está considerado deporte nacional de Colombia.
Historia
[editar | editar a fonte]Este deporte autóctono de Colombia, era practicado xa hai máis de 500 anos polos habitantes do altiplano cundiboyacense nos departamentos de Cundinamarca e Boyacá.
O xogo do turmequé consistía en lanzar un disco de ouro chamado "zepguagoscua", o cal evolucionou cos séculos no xogo do tejo practicado hoxe en Colombia. Ó popularizarse, o "zepguagoscua" foi substituído por un disco de pedra e actualmente emprégase un de metal (tejo).
O tejo é un deporte de competencia, no cal se enfrontan xogadores de xeito individual ou conformando equipos. O xogo consiste en guindar o tejo dende unha cancha até a outra, co obxectivo de enterralo dentro do bocín, rebentar unha mecha ou no seu defecto, enterralo máis preto do bocín que os demais competidores.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tejo |