T. J. Bray
Nome orixinal | (en) Thomas Bray | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 14 de xuño de 1992 (32 anos) New Berlin, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Catholic Memorial High School (en) Universidade de Princeton | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 197 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Thomas Joseph "T. J." Bray, nado o 14 de xuño de 1992 en New Berlin, Wisconsin, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Bray xogou na Liga de Verán da NBA de 2014 cos Toronto Raptors, onde acadou 4.4 puntos, 1.6 rebotes e 1.2 asistencias, pero non foi invitado ós adestramentos de pretempada dos Raptors. O 6 de agosto de 2014, Bray asinou co Pallacanestro Trapani da Serie A2 italiana.[1]
Tras a súa primeira tempada na Serie A2, onde fixo 9.5 puntos e 3.0 asistencias por encontro, Bray xogou a Liga de Verán da NBA de 2015 cos New York Knicks, pero tan só participou en dous partidos, así que regresou á segunda división italiana para asinar co AS Junior Pallacanestro Casale.[2] Bray participou en 35 partidos co Casale, 14.7 puntos e 3.1 asistencias por partido.
O 10 de xaneiro de 2017, Bray asinou co Basic-Fit Brussels belga para o resto da tempada 2016-17.[3] O 3 de agosto de 2017, Bray asinou co Kolossos Rodou grego.[4]
O 14 de xullo de 2018, Bray asinou co SC Rasta Vechta da Basketball Bundesliga.[5] Tras facer 14.8 puntos, 3.2 rebotes e 7.7 asistencias por encontro, sendo máximo asistente do ano na competición, Bray foi incluído no mellor quinteto da tempada da Bundesliga, e rematou na segunda posición na votación para o MVP, tan só por detrás de Will Cummings.[6]
O 11 de xullo de 2019, Bray asinou un contrato de dous anos co FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[7]
O 3 de decembro de 2020, Bray asinou co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.[8]
O 8 de febreiro de 2021, Bray asinou un contrato de dous anos e medio co Panathinaikos BC grego.[9] O 15 de agosto de 2021, Bray deixou o Panathinaikos por motivos persoais.[10] O 9 de setembro de 2021, Bray anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "After Solid Stint in NBA Summer League, PU Alum Bray Signs With Italian Pro Team". Town Topics. 6 de agosto de 2014. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ "TJ Bray is the second foreigner of Novipiù". IlMonferrato.it. 4 de agosto de 2015. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ "T.J. Bray inks with Brussels". EuroMillionsBasketball.be. 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ Carchia, Emiliano (3 de agosto de 2017). "TJ Bray inks with Kolossos Rhodes". Sportando. NanoPress. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ Richter, Hauke (14 de xullo de 2018). "Rasta Vechta brings US pro Bray". NWZOnline.de. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ "Our "Famous Five" of the season: Five professionals from Oldenburg, Berlin and Vechta make up the First Team". EasyCredit-BBL.de. 15 de maio de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ "Bayern tabs German League assist leader Bray". EuroLeague.net. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ Yahyabeyoglu, Fersu (3 de decembro de 2020). "TJ Bray (ex Bayern) signs at Zaragoza". Eurobasket. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ T.J. Bray officially added by Panathinaikos
- ↑ "TJ Bray, Panathinaikos part ways". Sportando. 15 de agosto de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021.
- ↑ "TJ Bray: I have decided to retire from professional basketball". Sportando. 9 de setembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1992
- Nados en Wisconsin
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Pallacanestro Trapani
- Xogadores do AS Junior Pallacanestro Casale
- Xogadores do Phoenix Brussels
- Xogadores do Kolossos Rodou BC
- Xogadores do SC Rasta Vechta
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do Basket Zaragoza 2002
- Xogadores do Panathinaikos BC