Saltar ao contido

Synthpop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Synthpop
Orixe musicaldisco, new wave, electrónica, pop, post-punk, glam rock, krautrock
Orixe cultural1977–80 en Alemaña, Xapón e Inglaterra
Instrumentos típicossintetizador, caixa de ritmos, baixo, loops de cinta, batería, guitarra, secuenciador, teclado, vocoder, sampler, voces
Derivadoshouse - electro - trance - chiptune - digital hardcore - indietronica - dance alternativo - electrónica - dance-pop
Xéneros de fusión
electroclash - electro house - techno

O synthpop (tamén coñecido como electropop ou technopop) é un xénero de música popular que inicialmente se fixo popular nos anos 80, década na cal o sintetizador foi o instrumento musical dominante. Fi presaxiado nos anos 60 e comezos dos 70 polo uso de sintetizadores no rock pogresivo, art rock electrónico, disco e particularmente no Krautrock de bandas como Kraftwerk. Xurdiu como un xénero distinto no Xapón e no Reino Unido na época do post-punk como parte do movemento new wave de finais dos 70 ata mediados dos 80.

O primeiros pioneiros do synthpop son o grupo xaponés Yellow Magic Orchestra e as bandas británicas Ultravox e The Human League; esta última usaba varios sintetizadores monofónicos para producir música cun son sinxelo e austero. Tras a ruptura de Tubeway Army e Gary Numan na lista de sinxelos británica, un gran número de artistas comearon a colleitar éxitos cun son baseado en sintetizadores a principios dos anos 80, como Soft Cell, Orchestral Manoeuvres in the Dark, Japan e Depeche Mode no Reino Unido, mentres que no Xapón o éxito de Yellow Magic Orchestra abriu o camiño a bandas de synthpop como P-Model, Plastics e Hikashu. O desenvolvemento dos sintetizadores polifónicos económicos, a definición do MIDI e o uso de ritmos dance, levaron a un son máis comercial e accesible para o synthpop. Este feito e a súa adopción por artistas do movemento New Romantic, xunto coa aparición da MTV, fixo que moitos grupos británicos de synthpop, como Duran Duran e Spandau Ballet, tivesen éxito nos Estados Unidos.

A finais dos anos 80, dúos como Erasure e Pet Shop Boys adoptaron un son que foi un grande éxito nas listas de baile estadounidenses, pero cara finais da década o synthpop en gran parte fora abandonado. O interese comezou a revivir cos movementos indietronica e electroclash de finais dos anos 90 e, na primeira década do século XXI, gozou dun rexurdimento xeneralizado con éxito comercial para artistas como La Roux, Kesha e Owl City.

O synthpop axudou a establecer o lugar do sintetizador como un elemento principal do pop e o rock, influíndo directamente a posteriores xéneros como a música house e o Detroit techno, e indirectamente a moitos outros xéneros e gravacións individuais.

O xénero ten recibido críticas pola presunta falta de emoción e musicalidade. A imaxe "andróxina" proxectada polos artistas de durante os anos 80 deu lugar a posturas hostís cara ao estilo.