Saltar ao contido

Sunderland A.F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sunderland AFC
NomeSunderland Association
Football Club
Alcume(s)The Black Cats (Os gatos negros)
Fundación1879 (145 anos)
EstadioStadium of Light, Sunderland, Inglaterra Inglaterra
Inauguración1997
Capacidade49.000
AdestradorInglaterra Phil Parkinson
LigaLeague One
2018–19
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.safc.com/
Facebook: sunderlandafc Twitter: sunderlandafc Instagram: sunderlandafc Youtube: UCrw-7k6yJc0EMJdf-0BAkoQ TikTok: sunderlandafc Musicbrainz: 2822700b-45b5-4e1f-a742-879dfaee2574 Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Sunderland Association Football Club é un equipo profesional de fútbol da cidade de Sunderland, en Inglaterra, que compite habitualmente na Football League One.

Fundado en 1879 na cidade de Sunderland, foi un dos grandes clubs europeos de finais do século XIX, acadando o título inglés de liga nos anos 1892, 1893 e 1895, mais o subcampionato en 1894 e 1898, cando na maioría dos países europeos aínda non existían competicións de fútbol.

Os comezos do século XX tamén foron bos para o club. O subcampionato na Football League de 1901, precedeu a un novo título en 1902. Nos seguintes anos foi un habitual entre os mellores equipos de Inglaterra, até que en 1913 acadou o seu 5º campionato de liga. Nos anos 20 rematou terceiro varias tempadas, á parte de ser subcampión en 1923. Xa naqueles anos existía unha rivalidade importante entre o Sunderland e o seu veciño, o Newcastle United. Nos anos 30 chegou unha nova xeira de resultados importantes, sendo subcampión de liga en 1935, campión por 6ª vez da Football League en 1936, e campión por 1ª vez da FA Cup en 1937.

Celebración da FA Cup en 1973.

A segunda guerra mundial impediu a disputa da Football League entre 1940 e 1946, e o Sunderland de posguerra xa non foi quen de loitar polo título de liga salvo en 1950, ano no que rematou 3º a só un punto do campión. O declive definitivo do club coincidiu co nacemento das competicións europeas. En 1958 o Sunderland rematou en postos de descenso directo á Football League Second Division por vez primeira en mais de 60 anos, comezando unha etapa escura na historia do club.

O ascenso fíxose agardar até 1964. Nas seguintes tempadas o Sunderland acadou resultados moi modestos, rematando sempre na parte baixa da táboa. En 1970 o equipo foi penúltimo, caendo de novo á Second Division. A pesar de competir na segunda división da Football League, o Sunderland acadou a súa 2ª FA Cup en 1973. O ascenso fíxose agardar de novo, nesta ocasión até 1976, para descender novamente en 1977. En 1980 chegou un novo ascenso. Despois duns anos na máxima categoría, chegaron os peores anos da historia da entidade. En 1985 o Sunderland descendeu á segunda división, e en 1987 fíxoo de novo, esta vez á terceira división. A súa estadía foi dun só ano, ascendendo á segunda división en 1988.

En 1990 recuperou a máxima categoría, pero caeu de novo á segunda división en 1991. En 1993 naceu a Premier League, collendo ó equipo na segunda división, que se converteu na primeira división da Football League. Dende entón o Sunderland seguiu a ser un equipo ascensor, ascendendo á Premier League en 1996, 1999, 2005 e 2007.

O equipo compite actualmente na Premier League, competición na que ocupa o 18º posto na táboa histórica, con 395 puntos en 10 tempadas.

Stadium of Light, fogar do Sunderland AFC.
Participacións na Premier League dende o seu comezo
2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 Tempadas Puntos Títulos
12 10 13 16 15 20 20 17 7 7 18 10 395 0
Lámpada de mineiros no exterior do estadio.

O Sunderland disputa os seus encontros como local no Stadium of Light (Estadio da Luz), un recinto deportivo inaugurado en 1997, e que ten unha capacidade para acoller a 49.000 seareiros sentados. Orixinalmente tiña capacidade para 42.000 persoas, pero trala ampliación do ano 2002, agora trátase do 5º estadio de fútbol máis grande de Inglaterra, polo cal recibe o alcume de the Wembley of the North (O Wembley do Norte). Neste estadio ten xogado en 2 ocasión a propia selección de fútbol de Inglaterra, así como a selección sub'20.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

O Sunderland Association Football Club é o 6º club máis importante de Inglaterra polo número de ligas gañadas, só por detrás do Manchester United, do Liverpool FC, do Arsenal FC, do Everton FC e do Aston Villa.

Rivalidades e seareiros

[editar | editar a fonte]

O rival histórico do Sunderland AFC é o Newcastle United. A cidade de Sunderland e a cidade de Newcastle upon Tyne son moi próximas. Os seus respectivos estadios están separados por 16 quilómetros. O enfrontamente entre os dous equipo coñécese como o Tyne–Wear derby, nome que provén dos ríos que atravesan as súas cidades.

Os seareiros do Sunderland AFC son os mais ruidosos da Premier League. Na tempada 2007-08 acádaronse niveis de 129'2 decibelios no interior do seu estadio. A natureza industrial e mineira da rexión tamén caracteriza á afección do club, de feito, no exterior do Stadium of Light hai un monumento ós mineiros.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

O máximo goleador da historia do Sunderland AFC é o inglés Bobby Gurney, que defendeu as cores do club entre 1925 e 1950, anotando 228 goles en 388 encontros. Charlie Buchan anotou 209 goles en 370 encontros entre 1911 e 1925.

O porteiro Ned Doig defendeu a portería do equipo entre 1890 e 1904, xogando 417 encontros, e acadando 4 títulos de liga. Pola súa banda, outro porteiro, Jimmy Montgomery, é o xogador que máis encontros disputou co Sunderland AFC, con 627 (537 en liga).

Charlie Hurley, mediocampista que xogou 358 encontros no equipo entre 1957 e 1969, foi elixido mellor xogador do século no club en 1979, ano no que o Sunderland AFC fixo 100 anos.

J.Campbell (1892, 1893 e 1895), G.Holley (1912), C.Buchan (1923), D.Halliday (1929), B.Gurney (1936), H.Carter (1936), D.Davies (1950) e K.Phillips (2000), son os 8 xogadores do Sunderland AFC que remataron a tempada como máximos goleadores da liga.

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 1 de febreiro de 2020.[1]

Posto País Xogador
1 POR Escocia Jon McLaughlin
2 DEF Conor McLaughlin
3 DEF Gales Joel Lynch
4 DEF Inglaterra Jordan Willis
5 DEF Alim Öztürk
6 MED Inglaterra Max Power
7 DIA Escocia Chris Maguire
8 DIA Kyle Lafferty
9 DIA Inglaterra Charlie Wyke
11 MED Lynden Gooch
12 DEF Tom Flanagan
13 MED Inglaterra Luke O'Nien
14 DIA Inglaterra Duncan Watmore
Posto País Xogador
16 POR Inglaterra Lee Burge
17 MED Inglaterra Elliot Embleton
18 MED Inglaterra George Dobson
20 DEF Gales Declan John
21 MED Inglaterra Ethan Robson
22 DIA Will Grigg
23 MED Inglaterra Grant Leadbitter
25 DEF Tommy Smith
26 DEF Australia Bailey Wright
28 MED Inglaterra Josh Scowen
33 DEF Inglaterra Denver Hume
42 DIA Inglaterra Antoine Semenyo
  1. "1st Team". Sunderland Association Football Club. Consultado o 18 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]