Status quo (lugares da Terra Santa)
O status quo dos lugares da Terra Santa é un acordo entre as comunidades relixiosas con respecto aos nove Lugares Santos compartidos en Xerusalén e Belén.[1] Outros Lugares Santos en Israel e Palestina non forman parte do status quo debido a que as autoridades dunha relixión ou dunha comunidade teñen a posesión efectiva recoñecida polas demais.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Resultou dun firman (decreto) do sultán otomán Osman III en 1757[3] que preservaba a división da propiedade e responsabilidades de varios lugares importantes para os cristiáns, musulmáns e xudeus con respecto aos seus propietarios ou controladores no momento, e representou acordos entre varias relixións relativo a que nada podería cambiarse da forma na que se viña facendo ata entón sen interromper o balance nas visitas dos peregrinos a eses lugares. En 1852 e 1853 emitíronse novos decretos reafirmando as provisións do decreto de 1757.[4] As provisións actuais do status quo nunca chegaron a establecerse nun documento único. Porén en 1929, un documento preparado por un funcionario do Mandato británico de Palestina chamado George Archer Cust e titulado The Status Quo in the Holy Places, pasou a ser o documento estándar sobre a materia.[5][6]
Lugares
[editar | editar a fonte]O Status Quo aplícase en nove lugares de Xerusalén e Belén:[1]
Disputados entre confesións cristiás
[editar | editar a fonte]- Igrexa do Santo Sepulcro e as súas dependencias, Xerusalén
- Deir es-Sultan, na parte superior da Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén
- Tumba da Virxe María, Xerusalén
- Igrexa da Natividade, Belén
- Capela da Gruta do Leite, Belén (non existen rexistros)[7]
- Capela do Campo dos Pastores, Belén (non existen rexistros)[7]
Disputado entre cristiáns e musulmáns
[editar | editar a fonte]- Capela da Ascensión, Xerusalén
Disputado entre xudeus e musulmáns
[editar | editar a fonte]- Muro das Lamentacións, Xerusalén
- Tumba de Raquel, Belén
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 UN Conciliation Commission 1949, p. 7.
- ↑ UN Conciliation Commission 1949, p. 7a: "Por exemplo o Cenáculo que, aínda que se trata dun Lugar Santo cristián, estivo en mans dos musulmáns desde mediados do século XVI. A posición de que os cristiáns non desfrutan o dereito de celebrar servizos relixiosos no lugar permanece sen discutir."
- ↑ Cities of the Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia, edited by Michael Dumper, Bruce E. Stanley P 209
- ↑ Eva Maurer Morio, What does Status Quo stand for?, in History of Latin Patriarchate, on the website of the Latin Patriarchate of Jerusalem [1] Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Cust 1929.
- ↑ Breger, Marshall J.; Reiter, Yitzhak; Hammer, Leonard (16 de decembro de 2009). Holy Places in the Israeli-Palestinian Conflict: Confrontation and Co-existence. Routledge. pp. 24–. ISBN 978-1-135-26812-1.
- ↑ 7,0 7,1 Cust 1929: "A Gruta do Leite e o Campo dos Pastores preto de Belén tamén forman parte do Status Quo, pero non existen rexistros sobre estes dous lugares."