Spyair
Spyair | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nagoya, ![]() |
Período | 2005 – actualidade |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music Japan JPU Records (Europa) |
Membros | Ike (Voz) Uz (Guitarra/Programación) Momiken (Baixo) Kenta (Batería) |
Antigos membros | Enzel☆ (DJ) (2009 - 2012) |
Na rede | |
www | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Spyair (estilizado como SPYAIR) é unha banda de rock xaponesa de Nagoya, formada en 2005. Os seus membros son Ike (voz), UZ (programación/guitarra), Momiken (baixo) e Kenta (batería).
Historia
[editar | editar a fonte]A banda formouse en 2005 e autoproduciu moitos traballos até 2009 cando asinaron co selo discográfico Indie, U-Project. Con U-Project, publicaron "Japanication" e "Kanjou Discord" até que asinaron cunha discográfica maior, Sony Music en 2010. O seu primeiro single importante, "Liar", foi publicado o 11 de agosto de 2010, o seu tema principal utilizouse como a canción do drama Hammer session!. Esta foi precedida por "Last Moment", que se usou como o 25º ending da serie de anime Bleach.
O 8 de xuño de 2011, Spyair sacou o seu cuarto single, "Samurai Heart (Some Like it Hot)", que se usou como o 17º ending do anime Gintama. A principios de 2012, "My World" usouse como o 2º ending de Mobile Suit Gundam AGE. A canción "0 Game (Love Game)" usouse como a banda sonora oficial para a película do 2012 The Amazing Spider-Man. Tamén cantaron o tema da segunda película do anime Gintama.
O seu novo single "Naked" foi publicado o 5 de setembro de 2012.[1] Despois da súa publicación fíxose o anuncio do seu segundo álbum, "Just Do It", que incluía 12 pistas entre as que se atopan "My World", "0 Game" e "Naked"..[2]
Outro single, "Wendy: It's You", usouse como o tema do drama Koi Suru Hae Onna que comezou a emitirse en novembro de 2012.[3] Despois da publicación de "Wendy: It's You", Enzel anunciou que deixaría a banda despois do seu concerto de Nippon Budokan o 18 de decembro.[4] O 18 de decembro, a banda levou a cabo con éxito o seu primeiro concerto en vivo no Nippon Budokan. Representaron un total de 21 cancións que incluían os seus últimos singles. Este concerto foi a última actuación de Enzel co grupo. Despois do concerto fíxose outro anuncio dun novo single, "Sakura Mitsutsuki", que sería publicado o 13 de marzo de 2013, tamén para ser utilizado como o opening do anime Gintama no mes de xaneiro.[5]
O 23 de setembro de 2013, o seu terceiro álbum, Million, publicouse no Reino Unido, Europa, e Rusia por JPU Records. A edición en CD incluía tres pistas adicionais; "Last Moment", "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)", e "My World".
Un mes despois, o 11 de outubro de 2013, o seu single "Just One Life" usouse como o primeiro opening do anime "Samurai Flamenco" e o seu novo single "Imagination" publicado o 6 de abril de 2014 como o opening do anime Haikyuu!!. "I'm a believer" publicouse e utilizou como o segundo opening do anime Haikyuu!!, na súa segunda tempada.
Membros
[editar | editar a fonte]- Ike (Voz).
- Uz (Programación/guitarra).
- Momiken (Baixo).
- Kenta (Batería).
Antigo membro
[editar | editar a fonte]- DJ Enzel (DJ)[6].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Rockin' the World (2011).
- Just Do It (2012).
- Million (2013).
- BEST (2014).
- 4 (2015).
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Liar" (2010) (Tema de Hammer Session (Serie TV)).
- "Last Moment" (2010) (Bleach 25º ending).
- "Japanication" (2011).
- "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)" (2011) (Gintama 17º ending).
- "Beautiful Days" (2011) (Tema de Don Quixote (Serie de TV)).
- "My World" (2012) (Gundam Age segundo ending).
- "0 Game" (2012) (Tema de The Amazing Spider-Man).
- "Naked" (2012).
- "Wendy ~It's You~" (2012).
- "Sakura Mitsu Tsuki (2013) (Gintama 13º opening).
- "Niji" (2013) (Tema de Sennyu Tantei Tokage)
- "Genjo Destruction" (2013) (Tema de Gintama: The Movie: The Final Chapter: Be Forever Yorozuya).
- "Just One Life" (2013) (Tema de Samurai Flamenco).
- "Imagination" (2014) (Haikyuu!! primeiro opening).
- "Glory" (2014).
- "Rockin' Out" (2015).
- "Fire Starter" (2015).
- "I'm A Believer" (2015) (Haikyuu!! primeiro opening da segunda temporada).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «SPYAIR announces new single, "Naked"». tokyohive.com. 2012-07-21.
- ↑ «SPYAIR to release second album, "Just Do It"». tokyohive.com. 2012-08-08.
- ↑ «SPYAIR to release new single, "WENDY ~It's You~"». tokyohive.com. 2012-10-02.
- ↑ [1] Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine.[dead link]
- ↑ «SPYAIR holds their 1st live at Nippon Budokan + new single announcement». tokyohive.com. 2012-12-19.
- ↑ «Profile | Spyair Official Web Site» (en xaponés).