Spud Webb
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1963 (61 anos) Dallas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Spud Webb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Ohio Wilmer-Hutchins High School (en) Universidade Estadual da Carolina do Norte (pt) Midland College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 60 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1985 - 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e NBA G League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Detroit Pistons | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | spudwebb.net | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anthony Jerome "Spud" Webb, nado o 13 de xullo de 1963 en Dallas, Texas, Estados Unidos, é un ex xogador de baloncesto da NBA. Cunha altura oficial de 168 cm, é o xogador da NBA máis baixo en gañar un concurso de mates (en 1986).
Carreira
[editar | editar a fonte]Webb non xogou no equipo do seu instituto (Wilmer Hutchins High School) até o seu cuarto ano (17-18 anos), aprendendo a facer os mates durante o verán anterior a dito curso.
Tras graduarse no instituto, non se uniu a ningún equipo de baloncesto universitario, principalmente debido á súa baixa estatura. Finalmente foi ao Midland Junior College de Midland (Texas), onde liderou en 1982 o triunfo do seu equipo no título nacional do campionato de junior colleges (institucións de educación post-obrigatoria estadounidenses).
Webb atraeu a atención de Tom Abatemarco, un axudante de adestrador na Universidade do Estado de Carolina do Norte, quen lle organizou a Webb unha entrevista co xefe do equipo técnico, Jim Valvano, quen lle ofreceu unha bolsa. Nos seus dous anos no North Carolina, Spud tivo unha media por partido de 10,4 puntos e 5,7 asistencias.
Foi elixido na cuarta rolda do draft de 1985 polos Detroit Pistons. As súas primeiras seis temporadas na NBA xogou nos Atlanta Hawks pero, estatisticamente falando, os seus mellores anos foron os que pasou nos Sacramento Kings de 1992 a 1995, período durante o cal foi titular, e a onde chegou traspasado a cambio de Travis Mays.[1] Despois xogou unha temporada repartida entre os Hawks e os Minnesota Timberwolves antes de acabar a súa carreira no Orlando Magic, onde se retirou do baloncesto en 1998. Ao longo das súas 12 temporadas, tivo unha media de 9,9 puntos por partido.
Webb vive en Dallas, onde aparece nunha cadea de televisión local nos previos e resumos posteriores dos partidos dos Dallas Mavericks.
Xunto a Greg Grant e Keith Jennings, Webb foi o terceiro xogador máis baixo da NBA, só por detrás de Earl Boykins (1,65 m) e Muggsy Bogues (1,60 m).
Concurso de mates do All-Star Weekend da NBA
[editar | editar a fonte]Webb, o participante máis baixo da historia do concurso de mates da NBA, foi o vencedor na edición de 1986. Conseguiu sorprender ao vixente campión e favorito, o seu compañeiro de equipo nos Atlanta Hawks Dominique Wilkins, que se impuxera o ano anterior a Michael Jordan nun duelo histórico.
Durante o concurso Webb realizou virguerías tales como un mate a unha man tras lanzar o balón contra o taboleiro, un mate a unha man cun xiro no aire de 360º ou un mate a dúas mans cun xiro de 180º no aire recollendo o balón en pleno salto tras facelo botar no chan. Webb obtivo dúas veces a puntuación máxima nos seus dous mates da rolda final. O por entón adestrador de Atlanta, Mike Fratello, asegurou que “Spud enganou a Wilkins. Díxolle a Nique que non tiña nada preparado, que non ensaiara. Por iso, Nique pensou quizais que o seu repertorio habitual sería suficiente para ganar” (The Spud Webb Story).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ prosportstransactions.com Spud Webb Transactions, consultado en xaneiro de 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Webb en NBA.com
- Páxina Oficial Arquivado 01 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
- Entrevista realizada en 2004 (en inglés)