Space Technology Research Vehicle
Space Technology Research Vehicle, tamén coñecidos polo seu acrónimo, STRV, foi unha serie de satélites experimentais do Reino Unido logo.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites STRV eran satélites experimentais construídos pola Axencia de Investigación de Defensa (DRA) para o Ministerio de Defensa do Reino Unido. Lanzáronse catro STRV en dúas parellas, a primeira (STRV 1A e STRV 1B) o 17 de xuño de 1994 a bordo dun Ariane 4 e a segunda (STRV 1C e STRV 1D) o 16 de novembro de 2000 a bordo dun Ariane 5.[1]
Tiñan forma cúbica, cuns 50 cm de lado, e unha masa duns 100 kg. Foron inxectados en órbitas de transferencia xeoestacionaria para, entre outras cousas, estudar novas tecnoloxías á altura da órbita xeoestacionaria. Levaban a bordo experimentos tanto da Organización de Defensa de Mísiles Balísticos (BMDO), como da ESA, da DRA e de varias universidades.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Centro de lanzamento[1][2] | Nome[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 17 de xuño de 1994 | Centro Espacial de Kourou | STRV 1A | Ariane 4 | |
2 | 17 de xuño de 1994 | Centro Espacial de Kourou | STRV 1B | Ariane 4 | |
3 | 16 de novembro de 2000 | Centro Espacial de Kourou | STRV 1C | Ariane 5 | |
4 | 16 de novembro de 2000 | Centro Espacial de Kourou | STRV 1D | Ariane 5 |