Saltar ao contido

Société Générale des Transports Aériens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Société Générale des Transports Aériens
IATA
N/A
OACI
N/A
Indicativo
N/A
Fundación8 de febreiro de 1919
Fin das operacións8 de outubro de 1933

A Société Générale des Transports Aériens (SGTA) foi unha aeroliña francesa fundada en 1919. Operou ata o ano 1933 cando os seus activos foron incorporados á aeroliña de recente creación Air France.

Inicialmente coñecida como Lignes Aériennes Farman, a SGTA foi creada o 8 de febreiro de 1919, cando un Farman F.60 Goliath voou dende Toussus-le-Noble ata Kenley, preto de Croydon. A aeroliña foi fundada polos irmáns Farman, que tamén eran donos de Farman Aviation Works.

En 1933 todos os activos de SGTA foron incorporados á recentemente creada Air France, e a compañía deixou de existir.