Sinerxía
A sinerxía é o resultado ou efecto resultante da integración de elementos individuais, cando ese resultado excede ao simple agregado dos efectos que tales elementos terían.
O termo sinerxía deriva do grego synergía, de syn "cooperación" máis érgon, "traballo".
A sinerxía en bioloxía
[editar | editar a fonte]En bioloxía refírese ao concurso activo e concertado de varios órganos para realizar unha función.
A sinerxía en socioloxía
[editar | editar a fonte]A sinerxia fai referencia a asociacións que se reforzan mutuamente, sendo que todo proceso sinérxico produce resultados cualitativamente superiores ao agregado de actuacións illadas individuais.
A sinerxía na teoría xeral de sistemas
[editar | editar a fonte]En relación coa teoría de sistemas, a forma máis sinxela para explicar o termo sinerxía é examinando un obxecto ou ente tanxible ou intanxible e se ao analizar as partes illadamente estas non dá unha explicación relacionada coas características ou a conduta deste, entón estase falando dun obxecto sinérxico. Pódese dar recursividade en canto a que un sistema sinérxico estea composto á súa vez de subsistemas tamén sinérxicos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|