Saltar ao contido

Metonimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sinécdoque»)

A metonimia é un tropo que consiste en nomear o todo por unha parte, unha parte por outra ou unha parte polo todo[1]. Desde unha perspectiva diacrónica, a metonimia tivo importancia á hora de provocar cambios semánticos, de significado, nas palabras. O proceso consiste en que o significado dunha palabra pasa a ser substituído por outro contiguo a el:

  • latín BUCCA 'mandíbula, meixela' → boca.
  • latín MAXILLA 'queixo' → meixela.
  • latín *VERANUS 'tempo primaveral' → med. 'final da primavera' → 'estío'.
  • latín CENA 'comida principal que se tomaba sobre as 15h.' → cea.
  • latín PORTU 'entrada ó porto' → porto.
Todas, todas, namoradas
déranlle o seu pensamento

Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoro (unión de conceptos incompatibles) e tamén pode ser un caso de ambigüidade (se se interpreta o pensamento como a flor do mesmo nome).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para metonimia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uralita.
  3. "Lamp". Columbia Electronic Encyclopedia, 6th Edition (2011): 1. Academic Search Premier. Web. 5 dec. 2011. (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]