Saltar ao contido

Polisemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas (ou unidades lingüísticas):

Como a homonimia, a polisemia está ligada á evolución histórica das linguas e implica a atribución de varios significados a un só significante.

A polisemia supón que un único significante adquiriu, ó longo de varias etapas evolutivas da lingua, distintas significacións que, dalgún xeito, están emparentadas: Desmontar significa por unha banda 'facer que alguén baixe dunha cabalaría ou, por extensión, do sitio en que está montado'; pero tamén significa 'botar abaixo, desacreditar, demostra-la falsidade dunha teoría, hipótese, argumentación'.

En contraposición coa homografía, a polisemia prodúcese pola evolución semántica diverxente dunha mesma forma etimolóxica, mentres que a homografía xorde coa evolución formal converxente de dous ou máis étimos distintos. Así, mentres os dous significados ou acepcións de desmontar proceden dunha mesma orixe latina, no caso de cantaba existen dous étimos diferentes: cantabam para a primeira persoa e cantabat para a terceira, que evolucionaron e converxeron nunha forma coincidente.