Si (música)
Aparencia
Si en notación latina ou B en notación anglosaxoa, é o nome da sétima e última nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome
[editar | editar a fonte]Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota "si" corresponde á letra "B". Este nome mantense en varios idiomas.
Máis tarde o nome desta nota foi "si", que deriva do comezo do sétimo e último verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura
[editar | editar a fonte]En temperamento igual, o si que está por riba do dó medio no piano ten unha frecuencia aproximada de 494 Hz.
Notación
[editar | editar a fonte]- En clave de sol sitúase na terceira liña do pentagrama.
- Na clave de dó na terceira e cuarta sitúase na primeira liña adicional e na segunda liña adicional respectivamente.
- Na clave de fa sitúase na cuarta liña adicional superior.