Saltar ao contido

Shingeki no Kyojin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shingeki no Kyojin

Nome curto進撃 e AOT Editar o valor en Wikidata
Tiposerie de manga Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoanime e manga de aventuras, fantasía escura, post-apocalyptic anime and manga (en) Traducir, anime e manga de acción, anime e manga fantástico, survival anime and manga (en) Traducir e anime e manga sobrenatural‎ Editar o valor en Wikidata
Lingualingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaAttack on Titan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aHajime Isayama Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticioAttack on Titan universe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data publicación2009 Editar o valor en Wikidata
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialShōnen Magazine Comics (en) Traducir, Kodansha USA, Elex Media Komputindo, Tong Li Publishing (en) Traducir, Norma Editorial e Norma Editorial Editar o valor en Wikidata
Público obxectivoShōnen Editar o valor en Wikidata
Unidades vendidas120.000.000 Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo9 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Remate9 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata
Número de
Partes34 vols. e 139 Editar o valor en Wikidata
Premios
Obra derivada
Contacto
Páxina WEBshingeki.net Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ShingekiKyojin Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Shingeki no Kyojin (進撃の巨人 lit. "Os xigantes avanzan/atacan"?) é un manga xaponés escrito e ilustrado por Hajime Isayama. O manga comezou a súa serialización na revista Bessatsu Shōnen Magazine de Kodansha o 9 de setembro de 2009, e foi recollido en 12 volumes o 9 de decembro de 2013. A historia está ambientada nun mundo no que a humanidade vive en cidades protexidas por enormes muros que os protexen dos titáns, criaturas humanoides de dimensións xigantescas que devoran ós humanos sen unha razón aparente. A historia céntrase en Eren Yeager, a súa irmá adoptiva Mikasa Ackerman e o seu amigo Armin Arlert, cuxas vidas mudan radicalmente coa aparición dun titán colosal que provoca a destrución do seu fogar e a morte da nai de Eren. Xurando vingarse e desexando recuperar o seu mundo, Eren, Mikasa e Armin únense a un grupo de soldados de elite que loitan contra ós titáns fóra dos muros.

Xerou unha novela spinn-off que comezou en decembro de 2011, e que recibiu unha adaptación ó manga. Outros dous spin-offs están sendo serializados, e posúe a súa propia adaptación ó anime homónimo, producida por Wit Studio e Production I.G. O anime foi estreado no Xapón en MBS entre abril e setembro de 2013. Tamén ten catro adaptacións de videoxogos desenvolvidos por Nitroplus. Está previsto que a adaptación ó cine vexa a luz no 2015.[1]

Shingeki no Kyojin converteuse nun éxito comercial, con 40 millóns de volumes impresos vendidos en xullo de 2014.[2] A estrea do anime incrementou con moito a popularidade do manga, recibindo boas críticas pola súa atmosfera e historia.

  1. "SFX Director Shinji Higuchi to Helm Live-Action Attack on Titan Film". Anime News Network. 3 de decembro de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2013. 
  2. "Live-Action Attack on Titan Confirmed for 2 Films". Anime News Network. 29 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]