Saltar ao contido

Sequoioideae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sequoias (Sequoioideae)

Sequoia sempervirens
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Sequoioideae
Saxton
Xéneros

As sequoias (Sequoioideae) forman unha subfamilia pertencente á familia Cupressaceae.[1] Esta subfamilia contén unha das árbores máis altas do mundo. Malia seren enormes no tamaño, as súas sementes resultan ser moi miúdas, non sendo máis grandes cás sementes da tomateira. Estas árbores tamén poden vivir até unha idade moi avanzada. Algúns viven durante centos e incluso milleiros de anos. Esta subfamilia está en perigo de extinción por mor á talla e a perda de hábitat.

En Galiza plántanse coma ornamental en arboredos e pazos dende hai anos. Algúns exemplares de sequoias figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Tamaño e peso

[editar | editar a fonte]

Sequoia e Sequoiadendron son árbores moi masivas. O máis pequeno da subfamilia é Metasequoia. As árbores de Sequoioideae teñen a marca das maiores e máis altas árbores do mundo. A árbore máis alta do mundo, Hyperion, é unha sequoia de California. A árbore máis grande do mundo, a árbore General Sherman,é unha sequoia xigante.

Rango e conservación

[editar | editar a fonte]

Sequoiadendron só medra nas abas de California nas montañas de Serra Nevada. As sequoias sobreviven no norte de California. Metasequoia é tan raro que se pensaba que estaba extinguido até que foi redescuberto por un enxeñeiro forestal da China. Metasequoias pódense atopar nalgunhas partes da China e, debido a un grupo de conservación, nunha zona con forma de media lúa nos Estados Unidos. A sequoia xigante é vulnerábel segundo a lista vermella IUCN. Isto fai que toda a subfamilia se encontre en perigo de extinción.

  • [1] Arquivado 28 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.."About the trees".Olmsted, Fredrick.2009.Dawson, John. consultado 2 Apr 2010)
  • Crawford, Marcy."Calaveras Big Trees Association".Goldrush World Access.2010.http://www.bigtrees.org/(1 Apr 2010)
  • [2]."Crescent Ridge Dawn Redwood Preserve".Hanks, Doug.2005.Hanks, Doug. consultado 2 Apr 2010)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]