Saltar ao contido

Selección de fútbol de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serbia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Fudbalski savez Srbije
Confederación UEFA
Código FIFA SRB
Alcume Оrlovi (Aguias)
Clasificación FIFA 29 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Dragan Stojković
Máis encontros Branislav Ivanović (105)
Máximo goleador Aleksandar Mitrović (41)
Estrea internacional
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Reino SCE
Anveres, Bélxica; 28 de agosto de 1920
Como Serbia
República Checa República Checa 1 − 3 Serbia
Uherské Hradiště, República Checa; 18 de agosto de 2006
Maior vitoria
Iugoslavia Iugoslavia 10 − 1 Venezuela (1930-2006) Venezuela
Curitiba, Brasil; 14 de xuño de 1972
Como Serbia
Azerbaidján Azerbaidján 1 − 6 Serbia
Bakú, Azerbaidján; 17 de outubro de 2007
Serbia 6 − 1 Bulgaria Bulgaria
Belgrado, Serbia; 19 de novembro de 2008
Serbia 6 − 1 Gales Gales
Novi Sad, Serbia; 11 de setembro de 2012
Maior derrota
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Reino SCE
Anveres, Bélxica; 28 de agosto de 1920
Uruguai Uruguai 7 − 0 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Reino SCE
París, Francia; 26 de maio de 1924
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Reino SCE
Praga, Checoslovaquia; 28 de outubro de 1925
Como Serbia
Ucraína Ucraína 5 − 0 Serbia
Lviv, Ucraína; 7 de xuño de 2019
Copa do Mundo
Participacións 12 (primeira en 1930)
Mellor resultado Cuarto lugar (1930, 1962) como Iugoslavia
Eurocopa
Participacións 5 (primeira en 1960)
Mellor resultado Subcampións (1960, 1968) como Iugoslavia

A selección de fútbol de Serbia (en serbio: Фудбалска репрезентација Србије, Fudbalska reprezentacija Srbije) é o equipo representativo de Serbia nas competicións oficiais internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Serbia (Фудбалски савез Србије, Fudbalski savez Srbije), pertencente á UEFA e á FIFA. A selección está considerada polas propias FIFA e UEFA como sucesora das seleccións de Iugoslavia e Serbia e Montenegro.

Período iugoslavo (1920–1991)

[editar | editar a fonte]

A selección serbia foi a selección de fútbol de Iugoslavia até o 4 de febreiro de 2003 e, posteriormente, a selección de Serbia e Montenegro até o 3 de xuño de 2006, cando Serbia declarou a súa independencia como Estado sucesor da Unión Estatal de Serbia e Montenegro. O seu nome, por suposto, cambiou oficialmente ó do equipo nacional de fútbol de Serbia o 28 de xuño de 2006, mentres que se creou o equipo nacional de fútbol de Montenegro para representar o novo estado de Montenegro.

Entre 1921 e 1992, o equipo non existiu tal como o coñecemos, xa que Serbia era parte do Reino de Iugoslavia (1918-1943) e, máis tarde, da República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1991). O equipo nacional de Serbia existiu dende 1919 até 1921, pero deixou de existir a raíz da creación do primeiro Reino de Iugoslavia.

Porén, a Asociación de Fútbol de Serbia é un membro da FIFA dende 1921 e membro da UEFA dende a creación do organismo europeo en 1954. O equipo nacional de Serbia é recoñecido, grazas a un mutuo acordo entre a FIFA e a UEFA, como descendente directo e único da selección nacional de Iugoslavia. Polo tanto, o novo equipo nacional formado en 1992 herdou o estado completo, os resultados e os logros de Iugoslavia, a diferenza de calquera outro país resultado da desintegración de Iugoslavia. En consecuencia, non tivo que solicitar a membresía da FIFA e da UEFA.

Unha situación semellante ocorreu trala decisión de Montenegro de separarse tras un referendo celebrado o 21 de maio de 2006. Unha vez máis, Serbia, que herdou o patrimonio de Serbia e Montenegro, non tivo que solicitar a membresía da FIFA e da UEFA, mentres que Montenegro viuse obrigado a facelo.

Independencia e regreso á denominación Serbia

[editar | editar a fonte]

Despois de que Montenegro declarase a súa independencia, Serbia debutou como selección independente cunha vitoria por 3-1 sobre a República Checa. O proceso de clasificación da Eurocopa 2008 comezou pouco despois no 2007 e rematou nunha decepción para Serbia. O bo comezo na cualificación viuse ensombrecida polo último tramo de partidos nos que perdeu puntos contra Finlandia, Bélxica, Armenia e Kazakhstán. Finalmente rematou terceiro, a tres puntos do subcampión Portugal e campión do Grupo A, Polonia. O primeiro seleccionador estranxeiro de Serbia, Javier Clemente, foi despedido tralo fracaso. Serbia substituíu a Javier Clemente con Miroslav Đukić, quen deixou o cargo o 19 de agosto do ano seguinte sen ter xogado ningún partido oficial por mor de varias desavinzas coa Federación de Fútbol de Serbia.

Uniformes

[editar | editar a fonte]

Reino de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]
1930[1]


RFS Iugoslavia

[editar | editar a fonte]
1950–1962


1974


1982


1984


1990


1992


RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro

[editar | editar a fonte]
1994


1998


2000


2004


2006


2006–2008


2008–2010


2010–2012


2012–2014


2014–2016


2016–2018


2018–2020


2020–


  1. "Kako je plavi dres - pocrveneo". 9 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]