Saltar ao contido

Scientific American

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scientific American

Editar o valor en Wikidata
TipoMensual
Fundación28 de agosto de 1845
Empresa editoraSpringer Nature
FundadorJames Wilson
EditorialNature Portfolio
Linguainglés
LocalidadeNova York
ISSN0036-8733
Na rede
https://www.scientificamerican.com
Facebook: ScientificAmerican Twitter: sciam Instagram: scientific_american Youtube: UC_xYMXx_-mAzheKyEtwtCAQ Dialnet: 5341 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Scientific American (informalmente abreviado, SciAm) é unha revista de divulgación científica dos Estados Unidos. É notábel pola súa longa historia ao presentar información científica mensualmente para o público educado xeral, a través da súa atención coidadosa en canto á calidade dos seus gráficos. Moitos científicos famosos, incluído Albert Einstein, contribuíron con artigos. É a revista mensual publicada continuamente máis antiga dos Estados Unidos.

Scientific American foi fundada polo inventor e editor Rufus Porter[1] en 1845 como un xornal semanal de catro páxinas. Ao longo dos seus primeiros anos, púxose moita énfase nos relatorios do que estaba a acontecer na U.S. Patent Office. Contábanse tamén unha ampla gama de invencións que incluían máquinas de movemento continuo, un dispositivo de 1860 para recipientes flutuantes deseñado por Abraham Lincoln, e a xunta universal que agora se pode atopar practicamente en cada automóbil que se produce. As edicións actuais inclúen unha sección "esta data na historia", que presenta extractos de artigos publicados orixinalmente 50, 100 e 150 anos atrás. Os tópicos inclúen incidentes humorísticos, teorías teimosas e avances dignos de nota na historia da ciencia e da tecnoloxía.

Porter vendeu a publicación a Alfred Ely Beach e Orson Desaix Munn I só 10 meses despois de fundala. Ata 1948, permaneceu na propiedade de Munn & Company.[1] Baixo Orson Desaix Munn III, neto de Orson I, evolucionou nunha publicación de "bancada", similar a unha encarnación do século XX de Popular Science.

Nos anos seguintes á segunda guerra mundial, a revista entrou en decadencia. En 1948, tres socios que planeaban comezar unha nova revista popular que se ía chamar The Sciences, compraron pola contra os dereitos de Scientific American e puxeron o nome no proxecto que crearan para a nova revista. Polo tano, o editor Gerard Piel, o editor Dennis Flanagan e o administrador xeral Donald H. Miller, Jr. esencialmente crearon unha nova revista.[2] Miller xubilouse en 1979 e Flanagan e Piel en 1984, cando Jonathan, o fillo de Gerard Piel se converteu en presidente e editor; a circulación crecera quince veces desde 1948. En 1986, vendeuse ao grupo Holtzbrinck de Alemaña, que conserva os dereitos desde entón.

No outono de 2008, Scientific American foi posta baixo control de Nature Publishing Group, unha división do Holtzbrinck.[3]

Donald Miller morreu en decembro de 1998,[4] Gerard Piel en setembro de 2004 e Dennis Flanagan en xaneiro de 2005.

Edicións internacionais

[editar | editar a fonte]

Scientific American publicou súa primeira edición estranxeira en 1890, a La America Cientifica en lingua castelá. A publicación suspendeuse en 1905 e pasaron 63 anos antes de que aparecese unha nova edición estranxeira. En 1968 lanzouse unha edición italiana, Le Scienze, e unha xaponesa, Nikkei Science (日経サイエンス) tres anos despois. En 1976 lanzouse en España unha edición en castelán, Investigación y Ciencia, seguida dunah edición francesa, Pour la Science, en Francia en 1977 e unha alemá, Spektrum der Wissenschaft, en Alemaña en 1978. Na Unión Soviética lanzouse unha edición rusa, V Mire Nauki, en 1983 que continuou en Rusia.

Kexue (科学, "Ciencia" en chinés), edición en chinés simplificado, apareceu en 1979, sendo a primeira revista occidental publicada na República Popular da China. Fundada en Chongqing, a revista foi transferida a Pequín en 2001. En 2005, publicouse unha nova edición, Ciencia Global (环球科学), en lugar de Kexue, que foi cancelada por mor de problemas financeiros. Unha edición en chinés tradicional, coñecida como 科學人 ("científico") introduciuse en Taiwán en 2002, e converteuse na mellor revista científica popular de Taiwán.

A edición húngara Tudomány existiu entre 1984 e 1992. En 1986 publicouse unha edición árabe, Oloom magazine (العلوم (مجلة)). En 2002, lanzouse no Brasil unha edición en portugués por parte da Editora Duetto, unha joint-venture entre a Editora Segmento e Ediouro Publicações.[5]

De 1902 a 1911, Scientific American supervisou a publicación da Encyclopedia Americana, que durou parte do período coñecido como The Americana.

  1. 1,0 1,1 "Press Room". Scientific American. 2009-08-17. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 2012-01-24. 
  2. Lewenstein, B. V. (1989). Magazine Publishing and Popular Science After World War II. American Journalism, 6(4), 218-234.
  3. Fell, Jason. "Scientific American Editor, President to Step Down; 5 Percent of Staff Cut". FOLIO. Consultado o 2009-04-26. 
  4. "Donald H. Miller". The New York Times. 27 de decembro de 1998. 
  5. "Segmento Comunicação Integrada". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]