Saltar ao contido

STS-125

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-125
O telescopio espacial Hubble na bodega de carga do transbordador Atlantis durante a misión STS-125.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de maio de 2009, 18:02 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,90 días[6]
Obxectivo da misiónServizo e mantemento do Telescopio Espacial Hubble.[3][6]
Regreso24 de maio de 2009[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea, California[6]
NSSDC ID2009-025A

STS-125 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de maio de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-125, con sete astronautas a bordo, foi a cuarta e última misión tripulada para dar servizo, reparar e mellorar o Telescopio Espacial Hubble. Foi o único lanzamento do transbordador autorizado sen destino á Estación Espacial Internacional despois da traxedia da misión STS-107 na que se perdeu o Columbia en 2003. A tripulación estaba formada polo comandante Scott D. Altman, o piloto Gregory C. Johnson e os especialistas de misión Michael J. Massimino, Michael T. Good, K. Megan McArthur, John M. Grunsfeld e Andrew J. Feustel.[3][5][6][7]

Planeada inicialmente para abril de 2004, a misión foi aprazada varios anos. Durante cinco paseos espaciais os astronautas substituíron dous instrumentos científicos, repararon outros dous e substituíron xiroscopios, sensores estelares, un ordenador, baterías e proteccións térmicas.[3][5][6][7]

O Atlantis aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 24 de maio de 2009.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 125" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 5 August 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-51330(E)). 23 de febreiro de 2010: 4. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 125" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-125 / SM4" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "STS-125" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (30 de setembro de 2009). "STS-125" (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]