Saltar ao contido

SAPPHIRE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SAPPHIRE / Stanford AudioPhonic PHotographic IR Experiment / Navy-OSCAR 45 / SQUIRT 1
O satélite SAPPHIRE.
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónUniversidade Stanford
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento30 de setembro de 2001[1][2][3]
Foguete portadorAthena 1[3][4]
Sitio de lanzamentoComplexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca[3][5]
Obxectivo da misiónProba tecnolóxicas.[3][5]
NSSDC ID2001-043D
Masa16 kg[4]
Datos orbitais
Semieixo maior7167 km[1]
Inclinación67,1°[1]
Apoapse802,7 km[1]
Periapse790,8 km[1]

SAPPHIRE, acrónimo de Stanford Audio Phonic Photographic Infra Red Experiment, tamén coñecido como SQUIRT 1 (Satellite Quick Research Testbed) e como Navy-OSCAR 45, foi un satélite artificial da Universidade Stanford patrocinado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos lanzado o 30 de setembro de 2001 mediante un foguete Athena 1 desde o Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

SAPPHIRE foi un satélite construído por estudantes do Laboratorio de Desenvolvemento de Sistemas Espaciais da Universidade Stanford para probar novas tecnoloxías. Cunha masa de 16 kg, tiña forma de prisma hexagonal e alimentábase mediante células solares. A súa carga útil incluía detectores de horizonte no infravermello, unha cámara dixital, un sintetizador de voz e experimentos de telemetría e autonomía.[3][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAPPHIRE" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 January 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-51498). 25 de xaneiro de 2002: 2. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Sapphire" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SAPPHIRE (SQUIRT 1, Navy-OSCAR 45, NO 45)" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "Sapphire" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]