Roquefort (queixo)
Roquefort é o nome dunha variedade de queixo orixinalmente francés (de Roquefort-sur-Soulzon, situada na rexión de Occitania) producido con leite de ovella sen pasteurizar.
Esta variedade de queixo presenta unha masa de consistencia cremosa e esfarelada, con casca húmida e sabor acentuado e picante.
Na súa fabricación, así como na das variedades Gorgonzola e Camembert, son inxectados fungos (balores) na masa. No queixo roquefort inxéctase o sal e o fungo Penicillium roqueforti, para logo seguir por un proceso de maduración de tres meses. Son estes fungos os que desenvolven no roquefort a aparencia característica con veos verde-azulados, que lle dan o sabor especial.
Denominación de orixe
[editar | editar a fonte]A nivel nacional, en Francia, o roquefort é recoñecido como appellation d'origine contrôlée (AOC) dende 1925, complementada por un decreto de 1979.[1] Dende 1996, é unha denominación de orixe protexida (PDO) perante a Unión Europea.[2] A nivel internacional, conta con rexistro como denominación de orixe, conforme ao Sistema de Lisboa, perante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, dende o 20 de decembro de 1967.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Institut national de l'origine et de la qualité. "Fiche produit". www.inao.gouv.fr. Consultado o 2023-08-29.
- ↑ Comisión Europea. "eAmbrosia - Roquefort". ec.europa.eu. Consultado o 2023-08-29.
- ↑ Organización Mundial de la Propiedad Intelectual. "Lisbon Express - (AO 459) ROQUEFORT". lisbon-express.wipo.int. Consultado o 2023-08-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roquefort |