Rinorrea
Rinorrea | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Sección das cavidades nasais | |
ICD-10 | J34.8 |
ICD-9 | 478.19 |
DiseasesDB | 26380 |
MedlinePlus | 003051 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Rinorrea (rhīno- gr. ‘nariz’ + rhoíā gr. ‘fluxo’) é o fluxo ou emisión de gran cantidade de líquido polo nariz, polo xeral por mor dun aumento da secreción de mucosidade nasal. [1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Hidrorrinorrea
- Hidrorrea nasal
- Goteo nasal
- Tinohidrorrea
- Constipado nasal
Etioloxía
[editar | editar a fonte]Son diversas as causas da rinorrea:
- Frío
- Infección
- Alerxias
- Lacrimación
- Traumatismo cranial
- Outras causas
Tratamento
[editar | editar a fonte]Na meirande parte dos casos o tratamento da rinorrea non é preciso, e soluciónase por si mesma, sobre todo se é un síntoma dunha infección. Para os casos xerais, sonando o nariz conséguese eliminar a acumulación de mucosidade. Pódense empregar ben solución salina en aerosois nasais, ben vasocontrictores en esprais nasais, mais pode ser contraproducente tras varios días de uso, xa que o seu abuso orixina rinite medicamentosa.[2]
Nos casos recorrentes, como as debidas á alerxia, hai tratamentos a dispor do usuario baseados en antihistamínicos e corticoides.