Revolting Cocks
Revolting Cocks | |
---|---|
A banda en 2006 | |
Orixe | Estados Unidos Bélxica |
Período | 1985 - 1993 2004 - 2010 2011 2013 2016 - presente |
Xénero(s) | música industrial, post-industrial, metal industrial, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Wax Trax! Records, Sire Records, 13th Planet Records, Cleopatra Records |
Membros | Luc van Acker Richard 23 Paul Barker Chris Connelly Jason Novak Dan Brill |
Antigos membros | Al Jourgensen Bill Rieflin Phildo Owen Duane Buford Mike Scaccia Josh Bradford Sin Quirin Clayton Worbeck |
Artistas relacionados | Ministry, Front 242, The Blackouts, Finitribe, Murder, Inc., Stayte, Society 1, Tactics |
Na rede | |
http://www.thirteenthplanet.com/revoltingcocks/ | |
Revolting Cocks, tamén coñecida como RevCo, é unha banda belga-estadounidense de rock industrial e, por momentos, un supergrupo que naceu como un proxecto paralelo dos músicas Richard23, de Front 242, Luc van Acker e Al Jourgensen, de Ministry.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]As orixes de Revolting Cocks remóntanse a finais de 1984, cando o grupo belga de industrial dance Front 242, despois de ter sido invitado polo selo independente de Chicago Wax Trax! Records, comezou a súa primeira xira estadounidense como abreconcertos de Ministry. Despois o vocalista de Ministry Al Jourgensen pediulle ao membro de Front 242 Richard23 producir un proxecto de remesturas dub. Tras regresar a Bruxelas, Richard23 discutiu a colaboración con Luc van Acker; Van Acker, que anteriormente fora guitarrista de sesión de Shriekback, uniuse ao novo proxecto despois de falar con Jourgensen por teléfono.[1][2] O nome da banda procede dun incidente que tivo lugar nun bar de Chicago; segundo van Acker e Jourgensen, a banda estaba probando "expresións insultanes en francés" cun camareiro, pedindo algo que eles dicía que significaba "revolting cock" o que levou ao camareiro a dicir, "You are revolting cocks!".[3]
O seu primeiro lanzamento foi "No Devotion" a través de Wax Trax! Records en 1985. Pouco despois editaron o álbum Big Sexy Land (1986), que era unha mestura de música industrial, hard rock e EBM onde dominaban os samplers e os fortes ritmos sintetizados.
Inicios
[editar | editar a fonte]Richard23 marchou en 1986, despois de pelexarse con Jourgensen sobre a remestura feita por el e Adrian Sherwood do tema "You Often Forget".[2] Aos dous membros restantes uníronselle Chris Connelly (antes en Finitribe e despois en Ministry), Paul Barker e Bill Rieflin (os dous antes en The Blackouts e nese momento en Ministry), aparecendo varios músicos máis como colaboradores ou invitados.[4]
O seguinte álbum ao vivo, Live! You Goddamned Son of a Bitch (1988), marcou a estrea da banda en directo, contando con versións máis agresivas das cancións de Big Sexy Land xunto con algún material novo. Esta tendencia continuou en Beers, Steers, and Queers (1990), creando capas de samplers e usando cada vez máis distorsión. Linger Ficken' Good (1993) foi publicado por Sire Records, con moitos dos temas regresando ao son anterior con menos capas. O disco incluía unha versión do tema de Rod Stewart "Da Ya Think I'm Sexy?", tamén editada como sinxelo. Preparouse unha xira pero esta finalmente cancelouse e a banda entrou nun hiato.
Primeiro rexurdimento
[editar | editar a fonte]En 2004, Jourgensen, con Phildo Owens (Skatenigs, Snow Black), resucitou o grupo, e presentou unha nova canción, "Prune Tang". Un álbum titulado Purple Head estaba planeado para ese mesmo ano pero o seu lanzamento atrasouse ata 2006 cambiando o título a Cocked and Loaded. "Caliente (Dark Entries)", unha versión de "Dark Entries" de Bauhaus co vocalista Gibby Haynes (Butthole Surfers), apareceu na banda sonora do filme Saw II en 2005.[4]
Tras crear unha banda para os directos como abreconcertos de Ministry na súa xira MasterBaTour de 2006, Jourgensen elixiu o vocalista Josh Bradford (Stayte, Simple Shelter, V.H.S.), ao teclista Clayton Worbeck (Stayte, Simple Shelter), e ao guitarrista Sin Quirin (Society 1, despois en Ministry e ReVamp) como nova formación atempo completo de Revolting Cocks, que agora se facía chamar "RevCo". O grupo gravou Sex-O Olympic-O, que tiña que ser lanzado en outubro de 2008 e finalmente apareceu o 3 de marzo de 2009 tras atrasarse varias veces. Tras unha xira a banda lanzou un segundo álbum con esa formación, ¿Got Cock?, oen abril de 2010. O proxecto disolveuse novamente ao marchar Bradford e Worbeck. Quirin continuoutraballando con Jourgensen tras a reunión de Ministry en 2011.
Segundo rexurdimento
[editar | editar a fonte]Wax Trax! Records organizou unha serie de concertos, "Wax Trax! Records Retrospectacle: 33 1⁄3 Year Anniversary", entre o 15 e o 17 de abril de 2011 no Metro Chicago. Como parte do cartel, Chris Connelly, Paul Barker e Luc van Acker interpretaron cancións de Revolting Cocks con Duane Buford, Dan Brill, Jamie Duffy e outros músicos. Para o seu concerto do día 17 Richard 23 uniuse a eles para tocar a canción "No Devotion".[5]
En 2016 Richard 23, van Acker, Barker e Connelly realizaron co nome The Cocks unha xira de seis datas para celebrar o 30 aniversario de Big Sexy Land, acompañados por Dan Brill e Jason Novak.[6] En 2017 realizaron unha xira máis extensa usando o seu nome orixinal. O grupo realizou unha serie de concertos en Europa, tocando nos festivais WGT e Infest,[7] antes de regresar aos Estados Unidos para unha xira con Front Line Assembly.[8]
O 8 de abril de 2018 Jourgensen anunciou que a banda estaba preparando un novo álbum.[9]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Big Sexy Land | 1986 | Wax Trax! Records |
Beers, Steers, and Queers | 1990 | Wax Trax! Records |
Linger Ficken' Good | 1993 | Sire, Reprise, Warner Bros. |
Cocked and Loaded | 2006 | 13 Planet, Megaforce |
Sex-O Olympic-O | 2009 | 13 Planet, Megaforce |
¿Got Cock? | 2010 | 13 Planet, Megaforce |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wax Trax! Not Sub Pop: Catalogs, Press Releases". Wax Trax! Not Sub Pop. 2013-03-09. Archived from the original on 09 de marzo de 2013. Consultado o 2020-07-08.
- ↑ 2,0 2,1 Jourgensen & Wiederhorn 2013, p. 77
- ↑ Jourgensen & Wiederhorn 2013, pp. 67, 76
- ↑ 4,0 4,1 "Revolting Cocks | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-09.
- ↑ "Wax Trax Chicago: Retrospectacle Live". prongs.org. Consultado o 9 de xullo de 2020.
- ↑ "ex-Revolting Cocks members reunite for 6 USA dates as The Cocks". Side-Line Music Magazine (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2020-07-09.
- ↑ "Infest 2017: Revolting Cocks "BIG SEXY LAND" confirmed!". Infest UK (en inglés). 2017-01-19. Consultado o 2020-07-09.
- ↑ "Front Line Assembly will be Touring with the Revolting Cocks for their "Big Sexy Land" tour this November — Post-Punk.com". post-punk.com (en inglés). Consultado o 2020-07-09.
- ↑ The Strombo Show (8 de abril de 2018). Al Jourgensen of Ministry: Full Interview | House Of Strombo (YouTube).