Saltar ao contido

Revolta agrícola europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revolta agrícola europea

     Países mobilizados     Países da UE non mobilizados
Data Desde o 18 de decembro de 2023
Lugar Algúns países da Unión Europea
Resultado
Belixerantes
Agricultores europeos Unión Europea
Baixas
2 mortos
2 feridos
97 arrestados

A revolta agrícola europea, tamén coñecida como protestas agrícolas en Europa, son unha serie de protestas que están a ocorrer desde decembro de 2023. O motivo das protestas remóntase á práctica de políticas ambientais e económicas restritivas europeas, debido a que, segundo algúns agricultores, estas mesmas políticas dedicáronse durante anos a beneficiar exclusivamente a grandes explotacións sen apenas valorar o traballo, achega e dedicación dos traballadores agrícolas.[1]

Estas políticas favorecen á produción en masa e importacións desde países non desenvolvidos ou en vías de crecemento como o son Ucraína, zonas de América do Sur e África, ou desde coalicións económicas como o Mercosur.[2][3]​ Tamén se puxeron en práctica medidas que a base de restricións e sancións deterioran o traballo de campo tradicional optando por unha produción agrícola baseada noutros conceptos sostibles e progresistas.4​ Isto desembocou nunha gran serie de revoltas das cales aínda se espera unha resposta por parte dos comités encargados do ámbito agrícola europeos e os gobernos nacionais que xestionaron as nomeadas medidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]