Rense Westra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1946 Aldwâld, Países Baixos (en) |
Morte | 2 de marzo de 2015 (68 anos) Leeuwarden, Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión |
Rense Westra, nado o 30 de setembro de 1946 en Aldwâld (Frisia), é un actor neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Westra actuou en máis de 80 obras do grupo de teatro en frisón Tryater, entre elas Ricardo III, O soño dunha noite de San Xoán ou Romeo e Xulieta de Shakespeare. Tamén desde 1985 actuou en varios filmes frisóns como De Gouden Swipe (1995) ou De Fûke (2000), pola súa interpretación nesta última foi candidato a un Gouden Kalf ao mellor actor. Westra interpretou a Veldwachter Zwart en dúas versión cinematográfica de De Kameleon (serie de libros infantís) e no musical De Kameleon Ontvoerd (2006).
En televisión Westra participou nas series Goudkust (1996) de SBS 6 e Westenwind (1999) de RTL 4. Fíxose popular polo seu papel de Beant Baas, protagonista da comedia de situación Baas Boppe Baas (2001-2005) en Omrop Fryslân e en 2007 dunha versión teatral realizada con Rients Gratama in 2007. Tamén ten un papel salientable na serie Dankert en Dankert. No ano 2009 actuou no filme De Hel van '63.