Saltar ao contido

Red Hat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Red Hat, Inc.

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade anónima
Fundación1993
LocalizaciónRaleigh, Carolina do Norte, EUA
Persoas claveHugh Shelton (Presidente comité de administración), Jim Whitehurst (Presidente comité executivo)
IndustriaInformática
ProdutosRed Hat Enterprise Linux, Fedora, Red Hat Mobile Application Platform, Red Hat Directory Server, Red Hat Certificate System, Red Hat Enterprise Linux OpenStack Platform, Red Hat Satellite, JBoss Enterprise Middleware, Red Hat Enterprise Virtualization, Red Hat Storage Server, Red Hat CloudForms, Red Hat OpenShift
Beneficio288,05$ dos Estados Unidos (2016)
Beneficio operativo199,37$ dos Estados Unidos (2016)
Beneficio neto4.155 millóns $ dos Estados Unidos (2016)
Número de empregados10.250 (2016)[1]
Na rede
https://www.redhat.com/
Twitter: RedHat GitHub: RedHatOfficial Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Red Hat, Inc. é unha empresa multinacional con sede en Estados Unidos que desenvolve produtos de código aberto e libre o sector empresarial. A compañía fundouse en 1993 e ten a súa sede principal en Raleigh, Carolina do Norte. Conta con oficinas en todo o mundo.[2]

Red Hat adícase fundamentalmente á implantación do seu sistema operativo Red Hat Enterprise Linux, distribución Linux, e posta en funcionamento de servizos sobre desta distribución por medio da súa compañía JBoss. Ofrece tamén ferramentas para a virtualización, con Red Hat Virtualization, almacenamento de datos, plataformas virtuais, produtos de xestión e soporte e servizos de consultora.

Red Hat crea, mantén e contribúe no desenvolvemento de moitos proxectos de software libre. Ten adquirido software privativo e posteriormente liberado o seu código con licenzas libres. Algunhas das contribucións máis notables foron a creación do sistema de empaquetamento de software (RPM) e varias utilidades para a administración e configuración de equipos, como sndconfig ou mouseconfig. No 2016, na versión 4.5 Red Hat foi a segunda grande empresa que máis contribuíu ao desenvolvemento do kernel de Linux.[3]

A Red Hat Software Inc. foi fundada no 1994 por Bob Young e Marc Ewing. En agosto de 1999, Red Hat saíu a bolsa e as súas accións obtiveron a oitava ganancia máis grande no seu primeiro día na bolsa en toda a historia de Wall Street. Catro anos máis tarde, o valor das accións de Red Hat estaba arredor dunha centésima parte do máximo valor que chegara a alcanzar antes da crise das puntocom. Aínda así, o seu comezo exitoso no mercado de valores serviron para que Red Hat fose portada en periódicos e revistas non directamente relacionadas con temas informáticos. En calquera caso, parece ser que Red Hat soubo superar os problemas doutras compañías do mundo dos negocios en torno ao software libre e anunciou números negros por primeira vez na súa historia no último cuarto do ano 2002.

Outro dos feitos históricos máis importantes de Red Hat foi a adquisición en novembro de 1999 de Cygnus Solutions, unha empresa fundada unha década antes e que xa mostrara como cunha estratexia integral baseada en software libre pódese gañar diñeiro.

En setembro de 2003, Red Hat decidiu concentrar os seus esforzos de desenvolvemento na versión corporativa da súa distribución e delegou a versión común a Fedora, un proxecto aberto independente de Red Hat.

Xa no 28 de outubro de 2018, IBM anunciou a adquisición da compañía por 34.000 millóns de dólares[4], permanecendo Jim Whitehurst á fronte de Red Hat pero baixo o mando directo da CEO de IBM Ginni Rometty.

  1. "Company Perfil de Red Hat Inc (RHT)". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2017. 
  2. "Corporate Facts". redhat.com. Consultado o 7 de maio de 2017. 
  3. Corbet, Jonathan (9 de marzo de 2016). "Some 4.5 Development statistics". LWN.net. Consultado o 7 de maio de 2017. 
  4. Nova en Código Cero

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]