Raqueta
Aparencia
A raqueta é un instrumento deportivo que consiste nun marco cun aro aberto e cunha especie de rede que o cobre.

Colectivamente, os xogos que a utilizan coñécense como deportes de raqueta: tenis, bádminton ou squash, por nomear algún.
A raqueta divídese en tres partes: cabeza, tronco e mango.
Partes da raqueta
[editar | editar a fonte]- Cabeza: xeralmente de forma ovalada e con orificios no marco para o encordado. O encordado tensado forma unha rede, que é a parte coa que se golpea a pelota. Non hai diferenza entre ámbolos lados dunha raqueta.
- Tronco: é a parte que conecta a cabeza co mango.
- Mango: é a parte da raqueta por onde se agarra. Case sempre está cuberto por algún tipo de cinta para non danar a man e permitir unha maior adhesión á raqueta. Adoita ser do gusto dos xogadores para empuñaduras máis grandes ou máis pequenas.
Historia
[editar | editar a fonte]O marco facíase tradicionalmente de madeira e as cordas con cordóns de tripa. A madeira aínda se usa para certas variedades de xogos.
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |