Saltar ao contido

Rampla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramplas helicoidais.

A rampla é un elemento arquitectónico que conecta dúas áreas a diferentes alturas, facilitando a transición entre estas.

En diversos lugares de Europa, a pendente de calquera rampla destinada ao tránsito de peóns non debe superar o 8%, para garantir a accesibilidade, incluíndo ás persoas con discapacidade.[1] En Galiza, as características das ramplas están reguladas pola Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, polo Decreto 35/2000 e polo Decreto polo que se aproba o regulamento de accesibilidade.[2][3]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]
Sinal de azulexos en Macau. Os caracteres chineses tradúcense como "Rampla da Guía Mirando o Mar do Leste", incluíndo o kanji 斜 que significa inclinación. En portugués macaense, traducido como "rampa".

Segundo a xeometría descritiva, as ramplas poden ser ramplas planas ou ramplas helicoidais.[4][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo rampla no dicionario da RAG é o recoñecido para describir un plano inclinado, o mesmo que no Dicionario visual da construción do COAG.[6][7] A palabra rampante provén da mesma raíz, do francés rampe.[8]

En dicionarios de galego reintegracionista e de portugués inclúese o termo "rampa".[9][10]

En castelán e catalán existe a palabra rambla, con acepcións relacionadas[11] derivada do árabe "رمل" ramhla, relacionada tamén cun plano inclinado xa que designaba un areal.[12] En portugués o mesmo termo deu rambla e râmola.[13]

Rampla de vehículos

[editar | editar a fonte]
Rampla helicoidal de acceso a un aparcadoiro en Schleswig-Holstein.

As ramplas para vehículos deben manter un ángulo de ataque cunha pendente máxima do 6% para facilitar a accesibilidade. Recoméndase unha pendente media do 12% cando a situación o permita.

Rampla de acceso para cadeiras de rodas na estación de Carrickfergus, Irlanda do Norte.

Rampla peonil

[editar | editar a fonte]
  • A normativa técnica xeralmente recomenda anchos mínimos de 0,90 m para accesibilidade en ramplas para permitir o tránsito dunha persoa en cadeira de rodas. A ampliación a 1,50 m para dúas persoas en paralelo é recomendada para garantir unha adecuada accesibilidade.
  • Andeis horizontais cada 10 m cunhas dimensións mínimas de 1,50x1,50 m. Esta recomendación é consistente coas directrices xerais para permitir descansos e facilitar as manobras en cadeiras de rodas. As dimensións mencionadas proporcionan suficiente espazo para que os usuarios xiren ou repousen se for necesario.

Acesibilidade

[editar | editar a fonte]

Un desnivel superior a 3,20 m non se considera accesíbel se só se supera mediante ramplas inclinadas. Este criterio busca fomentar solucións de deseño que integren ascensores ou outras alternativas de accesibilidade cando o desnivel é considrábel.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Normativa". Progettare Per Tutti. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  2. "Decreto 35/2000". www.xunta.gal. 
  3. "Decreto polo que se aproba o regulamento de accesibilidade". transparencia.xunta.gal. 
  4. Almeida, Eduarda (2019-05-12). "Geometria Descritiva - Estudo de Superfícies - Desenho Técnico". Passei Direto (en portugués). Consultado o 2024-11-02. 
  5. "A Torre por dentro". www.torredeherculesacoruna.com. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  6. "Dicionario visual da construción" (PDF). COAG. p. 1-10 · (6). 
  7. "rampla". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-02. 
  8. "RAMPA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-11-02. 
  9. "rampa". estraviz.org. Consultado o 2024-11-02. 
  10. S.A, Priberam Informática. "Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-11-02. 
  11. Leito natural de augas pluviais ou terreo polo que corre a auga da chuvia cando é moi abondosa; en Cataluña son rúas amplas con árbores (como a rambla de Catalunya) ou paseos marítimos; en Arxentina son paseos á beira dun lago, río ou do mar.
  12. "RAMBLA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-11-02. 
  13. "rambla". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-11-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.