Pyrrhocorax
Pyrrhocorax Choias | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Choia de bico amarelo (P. graculus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Corvus pyrrhocorax Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución das especies deste xénero
Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhocorax graculus Ambas as especies | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Pyrrhocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que inclúe dúas especies comunmente chamadas choias.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1758 polo ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall,[2][3] na súa monumental obra Ornithologia Britannica, editada en Londres por J. Dixwell. (Título completo: Ornithologia Britannica: seu Avium omnium Britannicarum tam terrestrium, quam aquaticarum catalogus, sermone Latino, Anglico et Gallico redditus).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero está formado pola unión dos elmentos Pyrrho- e -corax, ambos os dous derivados do grego antigo, πύρρος pýrros, "cor do lume", "vermello vivo", "vermello alaranxado", e κόραξ kórax, "corvo".[4][5][6]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende tan só dúas especies:[2][3]
- Pyrrhocorax graculus (Linnaeus, 1766). Choia de bico amarelo.
- Pyrrhocorax pyrrhocorax (Linnaeus, 1766). Choia de bico vermello.
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]O primeiro membro do xénero que se describiu foi a choia de pico vermello, nomeada como Upupa pyrrhocorax por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae en 1758. O seu xénero Upupa contiña especies que tiñan un pico longo curvo, e unha lingua curta e roma. Estas incluían o ibis eremita e a bubela, aves que agora se sabe que non están relacionadas coas choias.[7]
A choia de bico amarelo foi descrita como Corvus graculus por Linneo na edición de 1766 do Systema Naturae.[8]
Aínda que Corvus é o xénero de córvidos ao que pertencen próximos parentes das choias, o ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall considerou que eran o suficientemente distintos como para seren trasladados ao novo xénero, Pyrrhocorax, na súa Ornithologia Britannica de 1771.[9]
Distribución
[editar | editar a fonte]Esténdense por Europa, Asia e tamén por África. Ambas as especies están presentes en España.[10]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia vive a choia de bico vermello.[11]
Características
[editar | editar a fonte]Son córvidos de cor negra, agás na súas patas e o seu peteiro, que son de cores direferntes. A cor do bico é a diferenza máis clara entre ambas as especies aínda que isto só é válido para os exemplares adultos.
Os novos de ambas as especies teñen un bico alaraxando que dificulta a súa distinción e débese recorrer a outros parámetros para diferencialos.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.[12]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Entre os depredadorres das choias figuran o falcón peregrino, a aguia real e o bufo real eurasiático, mentres que o corvo grande depreda as crías.[13][14][15][16] No norte de España, as choias de bico vermello aniñan preferentemente preto de colonias de lagarteiro das torres; este pequeno falcón, que só come insectos, subministra un certo grao de protección contra os depredadores máis grandes, e as choias benefícianse en termos dun maior éxito reprodutivo.[16]
A choia de bico vermello é ocasionalmente parasitada polo cuco real, un parasito de cría do que a pega é o hóspede principal.[17]
As choias albergan pulgas de aves, incluíndo dúas especies de Frontopsylla que son especialistas en Pyrrhocorax.[18] Outros parasitos rexistrados nas choias inclúen un cestodo, Choanotaenia pirinica,[17] e varias especies de piollos mastigadores dos xéneros Brueelia, Menacanthus e Philopterus.[19]
Atopáronse parasitos sanguíneos como o Plasmodium en choias de bico vermello, pero isto é pouco común e, ao parecer, fai pouco dano.[20]
Porén, os niveis de parasitismo son moito máis baixos que nalgúns outros grupos de paseriformes.[21]
Fósiles
[editar | editar a fonte]O rexistro fósil do Plistoceno de Europa inclúe unha forma similar á choia de bico amarelo, que ás veces é categorizada como unha subespecie extinta desa ave,[22][23][24] e unha forma antiga da choia de pico vermello, P. p. primigenius.[25][26] Hai oito subespecies existentes xeralmente recoñecidas de choia de bico vermello e dúas de choia de bico vermello, aínda que todas difieren só lixeiramente nas subespecies citadas.[12] A maior diversidade de subespecies nas especies de bico vermello xorde dunha diverxencia temperá das razas etíopes e asiáticas, xeograficamente illadas das formas occidentais.[27]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]O parente máis próximo das choias, como indica un estudo da filoxenia molecular, é Temnurus temnurus, que forman un clado que é irmán dos membros vivos restantes dos córvidos.[28][29] As especies do xénero Pyrrhocorax diferéncianse de Corvus en que teñen os picos e as patas de cores brillantes, tarsos lisos e sen escamas e plumas nasais moi curtas e densas. As choias teñen unha plumaxe uniformemente negra, carecendo de áreas máis pálidas, como se observa nalgúns dos seus parentes.[12]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Choia de bico vermello en voo
-
Choia de bico amarelo en voo
-
As choias de bico amarelo crían nas altas montañas de gran parte do sur de Eurasia
-
Choia de bico vermello alimentándose no Himalaia
-
As dúas choias. Lámina de J. F. Naumann (1780–1857)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ choia, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 Pyrrhocorax Tunstall, 1771 no GBIF.
- ↑ 3,0 3,1 Pyrrhocorax Tunstall, 1771 na BioLib.
- ↑ Pyrrhocorax pyrrhocorax Linnaeus, 1758 en BTO. BirdFacts.
- ↑ πυρροκόραξ, en Liddell & Scott (1940): A Greek–English Lexicon. Oxford: Clarendon Press.
- ↑ πυρροκόραξ en Bailly, Anatole (1935): Le Grand Bailly: Dictionnaire grec-français. París: Hachette.
- ↑ Linnaeus, C. (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae: Laurentii Salvii, pp. 117–118. "Rostrum arcuatum, convexum, subcompressum. Lingua obtusa, integerrima, triquetra, brevissima".
- ↑ Linnaeus, C. (1766): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio duodecima. Holmiae: Laurentii Salvii, p. 158.
- ↑ Tunstall, Marmaduke (1771): Ornithologia Britannica: seu Avium omnium Britannicarum tam terrestrium, quam aquaticarum catalogus, sermone Latino, Anglico et Gallico redditus. Londres: J. Dixwell, p. 2.
- ↑ Madge, Steve & Burn, Hilary (1994): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres: A & C Black, pp. 132–135. ISBN 0-7136-3999-7.
- ↑ Cova das Choias en Galicia Máxica.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Madge, Steve & Burn, Hilary (1994): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres: A & C Black, pp. 132–135. ISBN 0-7136-3999-7.
- ↑ "A year in the life of Choughs". Birdwatch Ireland. Arquivado dende o orixinal o 2007-11-19. Consultado o 2008-02-06.
- ↑ "Release Update December 2003" (PDF). Operation Chough. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 2008-02-06.
- ↑ Rolando, Antonio; Caldoni, Riccardo; De Sanctis, Augusto; Laiolo, Paola (2001). "Vigilance and neighbour distance in foraging flocks of red-billed choughs, Pyrrhocorax pyrrhocorax". Journal of Zoology 253 (2): 225–232.
- ↑ 16,0 16,1 Blanco, Guillermo; Tella, José Luis (August 1997). "Protective association and breeding advantages of choughs nesting in lesser kestrel colonies". Animal Behaviour 54 (2): 335–342.
- ↑ 17,0 17,1 Soler, Manuel; Palomino, Jose Javier; Martinez, Juan Gabriel; Soler, Juan Jose (1995). "Communal parental care by monogamous magpie hosts of fledgling Great Spotted Cuckoos" (PDF). The Condor 97 (3): 804–810. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2009-03-26.
- ↑ Rothschild, Miriam & Clay, Theresa (1953): Fleas, Flukes and Cuckoos. A study of bird parasites. London: Collins. pp. 89, 95.
- ↑ Kellogg, V.L.; Paine, J.H. (1914). "Mallophaga from birds (mostly Corvidae and Phasianidae) of India and neighbouring countries" (PDF). Records of the Indian Museum 10: 217–243. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-04-24. Consultado o 2011-11-23.
- ↑ Blanco, Guillermo; Merino, Santiago; Tella, Joseé Luis; Fargallo, Juan A; Gajon, A (1997). "Hematozoa in two populations of the threatened red-billed chough in Spain" (PDF). Journal of Wildlife Diseases. 33 (3): 642–5. doi:10.7589/0090-3558-33.3.642. PMID 9249715. S2CID 9353982. Archived from the original (PDF) on 2009-02-25.
- ↑ Palinauskas, Vaidas; Markovets, Mikhail Yu; Kosarev, Vladislav V.; Efremov, Vladislav D.; Sokolov Leonid V. & Valkiûnas, Gediminas (2005): "Occurrence of avian haematozoa in Ekaterinburg and Irkutsk districts of Russia". Ekologija 4: 8–12.
- ↑ Válóczi, Tibor (1999): "Vaskapu-barlang (Bükk-hegység) felső pleisztocén faunájának vizsgálata (Investigation of the Upper-Pleistocene fauna of Vaskapu-Cave (Bükk-mountain)). Folia Historico Naturalia Musei Matraensis 23: 79–96 (PDF). (En húngaro con resume en inglés).
- ↑ Mlíkovský, Jirí (2002): Cenozoic Birds of the World Arquivado 20- 05-2011 en Wayback Machine. (Part 1: Europe) Ninox Press, Prague. (PDF)
- ↑ Mourer-Chauviré, C.; Philippe, M.; Quinif, Y.; Chaline, J.; Debard, E.; Guérin, C.; Hugueney, M. (2003). "Position of the palaeontological site Aven I des Abîmes de La Fage, at Noailles (Corrèze, France), in the European Pleistocene chronology". Boreas 32 (3): 521–531.
- ↑ Milne-Edwards, Alphonse; Lartet, Édouard; Christy, Henry, eds. (1875). Reliquiae aquitanicae: being contributions to the archaeology and palaeontology of Pèrigord and the adjoining provinces of Southern France. London: Williams. pp. 226–247.
- ↑ Mourer-Chauviré, Cécile (1975). "Les oiseaux du Pléistocène moyen et supérieur de France". Documents des Laboratoires de Géologie de la Faculté des Sciences de Lyon 64.
- ↑ Laiolo, Paola; Rolando, Antonio; Delestrade, Anne; De Sanctis, Augusto (2004). "Vocalizations and morphology: interpreting the divergence among populations of Red-billed Chough Pyrrhocorax pyrrhocorax and Alpine Chough P. graculus". Bird Study 51 (3): 248–255.
- ↑ Ericson, P. G. P.; Jansen, A.-L.; Johansson, U. S. & Ekman, J. (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data" (PDF) Arquivado 10 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. J. Avian Biol. 36 (3): 222–234.
- ↑ Goodwin, Derek & Gillmor, Robert (1976): Crows of the world. London: British Museum (Natural History), p. 151. ISBN 0-5650-0771-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pyrrhocorax |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pyrrhocorax |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista de aves de Galicia
- Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2009.