Saltar ao contido

Puma (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puma concolor puma.
Puma yagouaroundi cacomitli.

Puma é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1][2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1834 polo naturalista escocés William Jardine, en Natur. Libr.: 266-267.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome puma, que tomou Jardine para denominar o xénero, comezou a empegarse nas linguas europeas en 1777, e deriva do castelán puma, que o tomou do quechua dos incas puma.[3]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle impuxo Jardine, que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

  • Herpailurus Severtzov, 1858

Notas taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Clasificado como un subxénero de Felis por McKenna e Bell (1997),[4] que separaron a yagouaroundi como outro subxénero, Felis (Herpailurus). Johnson e O'Brien (1997),[5] Bininda-Emonds et al. (1999),[6] e Mattern e McLennan (2000),[7] consideraron concolor e yagouaroundi como monofiléticos, sendo Acinonyx o grupo irmán.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies,[1][2] coas subespecies que se indican a continuación,[1][8][9] aínda que recentemente algúns consideran unha soa, Puma concolor, e saparan a outra nun novo xénero, Herpailurus, coa única especie Herpailurus yagouaroundi.[10][11]

Puma Jardine, 1834

  • Puma concolor (Linnaeus, 1771) - o puma
    • Puma concolor anthonyi (Nelson e Goldman, 1931)
    • Puma concolor cabrerae Pocock, 1940
    • Puma concolor concolor (Linnaeus, 1771)
    • Puma concolor costaricensis (Merriam, 1901)
    • Puma concolor couguar (Kerr, 1792)
    • Puma concolor puma (Molina, 1782)
  • Puma yagouaroundi (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803) - o xaguarundi
    • Puma yagouaroundi ameghinoi (Holmberg, 1898)
    • Puma yagouaroundi cacomitli (Berlandier, 1859)
    • Puma yagouaroundi eyra (G. Fischer, 1814)
    • Puma yagouaroundi fossata (Mearns, 1901)
    • Puma yagouaroundi melantho (Thomas, 1914)
    • Puma yagouaroundi panamensis (J. A. Allen, 1904)
    • Puma yagouaroundi tolteca (Thomas, 1898)
    • Puma yagouaroundi yagouaroundi (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Puma en MSW.
  2. 2,0 2,1 Puma Jardine, 1834 no ITIS.
  3. puma no Online Etymology Dictinary.
  4. Malcolm C. McKenna and Susan K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1013-6.
  5. Johnson, Warren E. and Stephen J. O'Brien (1997): "Phylogenetic reconstruction of the felidae using 16S rRNA and NADH-5 mitochondrial genes". Journal of Molecular Evolution, Volume 44, Supplement 1, pp. 98–116.
  6. Bininda-Emonds, O. R. P., Gittleman, J. L. & Purvis, A. (1999): "Building large trees by combining phylogenetic information: a complete phylogeny of the extant Carnivora (Mammalia)" Biol. Rev. Cambridge Phil. Soc. '74: 143–175.
  7. Michelle Y. Mattern and Deborah A. McLennan (2000): "Phylogeny and Speciation of Felids", Cladistics 16 (2): 232-253.
  8. Puma concolor (Linnaeus, 1771) no ITIS.
  9. Puma yagouaroundi (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803) no ITIS.
  10. Kitchener, A. C., Breitenmoser-Würsten, C., Eizirik, E., Gentry, A., Werdelin, L., Wilting A., Yamaguchi, N., Abramov, A. V., Christiansen, P., Driscoll, C., Duckworth, J. W., Johnson, W., Luo, S.-J., Meijaard, E., O’Donoghue, P., Sanderson, J., Seymour, K., Bruford, M., Groves, C., Hoffmann, M., Nowell, K., Timmons, Z. & Tobe, S. (2017): "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" Arquivado 31 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Cat News. Special Issue 11.
  11. Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Herpailurus yagouaroundi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 18 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]