Saltar ao contido

Pulmonaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para a especie típica tamén chamada pulmonaria, véxase artigo Herba dos bofes.

xénero Pulmonaria)

Pulmonaria officinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: Pulmonaria
L.
Especies

Véxase no texto.

Pulmonaria é un xénero de fanerógamas da familia das Boraginaceae, nativas de Europa e o occidente de Asia, cunha especie (P. mollissima) do leste de Asia central. Reciben o nome vulgar de pulmonarias ou herbas dos bofes. Hai entre 10 e 18 spp. de Pulmonaria bravas, porén a taxonomía do xénero é moi confusa. O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son herbas perennes que forman conxuntos ou rosetas. Están cubertos de pelos de varias lonxitudes e consistencia, e ás veces até parecen glándula.

Ten rizomas con raíces adventicias. Os vasos da rama floral son sen ramificar, fortes, cubertos de pelos non maiores a 2 a 3 dm, con poucas excepcións (P. mollis, P. vallarsae). Os talos son usualmente ascendentes, ou lixeiramente serpenteantes.

As follas basais arránxanse en rosetas; son grandes, lanceoladas a ovais angostas, coa base oscilando entre a forma de corazón a moi gradualmente angostándose.

A inflorescencia é unha terminal cima, con brácteas.

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]

Pulmonaria affinis
Pulmonaria angustifolia
Pulmonaria filarszkyana
Pulmonaria kerneri
Pulmonaria longifolia
Pulmonaria mollis
Pulmonaria mollissima
Pulmonaria montana
Pulmonaria obscura
Pulmonaria officinalis
Pulmonaria rubra
Pulmonaria saccharata
Pulmonaria stiriaca
Pulmonaria vallarsae
Pulmonaria visianii

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]