Principio de precaución
O principio de precaución é un proceso que prevé como se debe protexer o ambiente ou a saúde pública ante posibles perigos do cal non están determinados ditos perigos.[Cómpre referencia] Esta medida non pode ser tomada como un medio de proteccionismo.
Resolución de Nisa
[editar | editar a fonte]No convenio de Nisa xuntáronse os países membros da Unión Europea e determinaron o principio de precaución, que se debe adoptar cando unha avaliación pluridisciplinaria, independente e transparente realizada sobre a base de datos existentes, non permita saber o risco que pode causar. As medidas adoptadas teñen que procurar alterar o menos posible as relacións comerciais entre países, tendo en conta o principio de proporcionalidade xa como riscos a curto e longo prazo, e por último reexaminar frecuentemente os avances científicos. Por último, o Consello Europeo acentuou a importancia da consulta e información á sociedade civil.