Primeira División de México
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federación Mexicana de Fútbol |
Patrocinador | BBVA Mexico (pt) Voit (en) Sol (cerveja) (pt) eFootball Panini Group (pt) Coca-Cola Casino Caliente (en) |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
Localización | México 23°N 102°O / 23, -102 |
Vixencia | 1943 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Número de edición | 38 108 |
Competición | |
Copa México (pt) | |
Datos estatísticos | |
Partidos | 17 |
Máis partidos | Oscar Pérez Rojas |
Máis goles marcados | Evanivaldo Castro Silva (pt) (312) |
Máis títulos | Club América (15) |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | Televisa (pt) TUDN (pt) Afizzionados (en) Vix (pt) Fox Sports Mexico (pt) TV Azteca (pt) ESPN América Latina (pt) Star+ (pt) Claro Sports (pt) Claro video (en) Chivas TV (pt) Univisión (pt) Fox Sports Fox Deportes (en) ESPN Deportes (pt) ESPN+ (en) Telemundo Universo (en) TUDN (pt) Vix (pt) TUDN (pt) ESPN América Latina (pt) Star+ (pt) Claro Sports (pt) Claro video (en) |
Páxina web oficial | ligamx.net |
A Primeira División de México é a máxima categoría do campionato nacional de fútbol profesional en México. Organizada pola Federación Mexicana de Fútbol dende 1943, en 1996 comezou a disputarse cun formato de dous torneos por tempada, chamados Torneo Apertura e Torneo Clausura. O equipo máis laureado na historia do campionato é o Club Deportivo Guadalajara, con 11 títulos no seu palmarés, mentres que o actual campión é o Tigres de la UANL. Trátase do campionato máis dominante na zona Concacaf, pois os equipos mexicanos conquistaron 27 das 46 edicións da Liga de Campións da Concacaf. Segundo a IFFHS é a 10ª liga máis competitiva do mundo.
Formato
[editar | editar a fonte]18 equipos compiten cada tempada polos dous torneos, Apertura e Clausura. Ámbolos dous torneos consisten nunha liga de 17 xornadas, é dicir, cada equipo xoga un encontro fronte a cada rival. Ó remate da tempada regular, os 8 primeiros clasificados da táboa disputan as eliminatorias polo título, partindo dos cuartos de final. Cada eliminatoria é a dobre encontro, incluíndo a final. Nos cuartos de final e nas semifinais é importante a posición ocupada durante a tempada regular, xa que en caso de que unha eliminatoria remate con empate, non se disputa ningunha prórroga nin quendas de penaltis, senón que o gañador é o equipo mellor situado na táboa clasificatoria.
O campión e subcampión de cada torneo (Apertura e Clausura), acadan o dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf da seguinte tempada. Ó mesmo tempo, os 3 primeiros clasificados da táboa ó remate da tempada regular do Torneo Apertura, teñen garantida a súa participación na Copa Libertadores desa mesma tempada.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa están representados os 18 equipos participantes no Torneo Apertura 2011 e no Torneo Clausura 2012, ó cabo do cal haberá descensos e ascensos:
Equipo | Cidade | Primeira participación |
Participacións | En 1ª dende... | Participacións consecutivas |
Torneos gañados |
Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Club América | México | 1943-44 | 86 | 1943-44 | 86 | 10 | Azteca | 105,064 |
Club de Fútbol Atlante | Cancún | 1943-44 | 84 | 1991-92 | 37 | 3 | Quintana Roo | 20,000 |
Club Atlas de Guadalajara | Guadalaxara | 1943-44 | 83 | 1979-80 | 49 | 1 | Jalisco | 56,713 |
Cruz Azul | México | 1964-65 | 65 | 1964-65 | 65 | 8 | Azul | 35,161 |
Club Dep. Estudiantes Tecos | Guadalaxara | 1975-76 | 53 | 1975-76 | 53 | 1 | Tres de Marzo | 23,000 |
Club Deportivo Guadalajara | Guadalaxara | 1943-44 | 86 | 1943-44 | 86 | 11 | Omnilife | 45,500 |
Jaguares de Chiapas | Tuxtla Gutiérrez | 2002-03 | 19 | 2002-03 | 19 | 0 | Víctor Manuel Reyna | 25,222 |
Club de Fútbol Monterrey | Monterrey | 1945-46 | 71 | 1960-61 | 69 | 4 | Tecnológico | 38,622 |
Monarcas Morelia | Morelia | 1957-58 | 58 | 1981-82 | 47 | 1 | Morelos | 38,869 |
Club de Fútbol Pachuca | Pachuca | 1967-68 | 37 | 1998-99 | 27 | 5 | Hidalgo | 30,000 |
Puebla Fútbol Club | Puebla | 1944-45 | 66 | 2007-08 | 9 | 2 | Cuauhtémoc | 46,648 |
Querétaro Fútbol Club | Querétaro | 1990-91 | 15 | 2009-10 | 5 | 0 | Corregidora | 38,545 |
San Luis Fútbol Club | San Luis Potosí | 1971-72 | 21 | 2005-06 | 13 | 0 | Alfonso Lastras Ramírez | 30,000 |
Club Santos Laguna | Torreón | 1988-89 | 39 | 1988-89 | 39 | 3 | TSM Corona | 30,000 |
Tigres de la UANL | Monterrey | 1974-75 | 51 | 1997-98 | 29 | 3 | Universitario | 45,000 |
Club Tijuana | Tijuana | 2011-12 | 1 | 2011-12 | 1 | 0 | Caliente | 16,000 |
Deportivo Toluca | Toluca | 1953-54 | 76 | 1953-54 | 76 | 10 | Nemesio Díez | 27,000 |
Club 'UNAM' | México | 1962-63 | 67 | 1962-63 | 67 | 7 | Olímpico Universitario | 73,186 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da Primeira División de México Arquivado 01 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)