Príncipe Real de Portugal
Príncipe Real de Portugal foi o título oficial atribuído aos herdeiros presuntivos da Coroa de Portugal, durante a Monarquía Constitucional (1822-1910), por oposición aos demais fillos da parella real, que recibían o título de Infante de Portugal. A partir da morte de Manuel II, último Rei de Portugal, o título de Príncipe Real pasou a ser o dos pretendentes ao trono e Xefes da Casa Real Portuguesa.
O título de Príncipe Real xurdiu cando Xoán VI elevou ao Brasil á categoría de reino en 1815 (extinguíndose así o antigo título de Príncipe do Brasil). O herdeiro do trono pasou a designarse entón Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves. O título de Príncipe Real de Portugal foi creado tras a independencia do Brasil, substituíndo o anterior, debido á emancipación brasileira e á imposibilidade de recuperar o vello título de Príncipe do Brasil (que ficaba agora asociado á casa imperial brasileira).
Tras a constitución de 1822 e as seguintes constitucións, a asignación deste título pasou a ser regulada polas leis fundamentais do reino, e investido sobre o herdeiro presuntivo do reino como xa era costume. O último Príncipe que usou o título de feito foi Afonso Henriques, na calidade de tío e sucesor provisional de Manuel II, despois do asasinato de Carlos I e do Príncipe Lois Filipe en 1908.
Os posuidores deste título tiñan o tratamento de Alteza Real (S.A.R.), e posuían os títulos subsidiarios de Duque de Braganza, Duque de Guimarães e Duque de Barcelos, Marqués de Vila Viçosa, Conde de Arraiolos, Conde de Ourém, Conde de Barcelos, Conde de Faría, Conde de Neiva e Conde de Guimarães.
En honra deste título e do seu fillo Pedro, portador do mesmo, a raíña María II mandou erguer un xardín no espazo da antiga patriarcal de Lisboa, na actualidade en ruínas, e que constituía un excelente agocho para celerados da época. Nacía así o Xardín do Príncipe Real.
lista de Príncipes Reais de Portugal
[editar | editar a fonte]- Pedro (despois Rei de Portugal)
- Carlos (despois Rei de Portugal)
- Lois Filipe
- Afonso Henriques, Duque do Porto (provisoriamente)
Pretendentes ao título
[editar | editar a fonte]- Liñaxe Miguelista
- Maria das Neves
- Miguel II (como pretendente ao trono)
- Duarte Nuno (como pretendente ao trono)
- Duarte Pio (como pretendente ao trono)