Saltar ao contido

Portal:Suíza/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal de Suíza:

A cidade de Berna (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 123.466 habitantes (344.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zürich, Xenebra, Basilea e Lausana).

O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.

Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.


Portal:Suíza/Cidade destacada/2

Portal:Suíza/Cidade destacada/3

Portal:Suíza/Cidade destacada/4

Portal:Suíza/Cidade destacada/5

Portal:Suíza/Cidade destacada/6

Portal:Suíza/Cidade destacada/7

Portal:Suíza/Cidade destacada/8

Portal:Suíza/Cidade destacada/9

Portal:Suíza/Cidade destacada/10