Portal:Suíza/Biografía destacada/Arquivo
Aquí están todas as biografías destacadas no portal Suíza:
Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau contase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".
Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considerase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.
Portal:Suíza/Biografía destacada/2
Portal:Suíza/Biografía destacada/3
Portal:Suíza/Biografía destacada/4
Portal:Suíza/Biografía destacada/5
Portal:Suíza/Biografía destacada/6
Portal:Suíza/Biografía destacada/7
Portal:Suíza/Biografía destacada/8
Portal:Suíza/Biografía destacada/9