Ponte das Pías
Ponte das Pías | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 43°29′02″N 8°11′04″O / 43.483992, -8.184361 |
Río | ría de Ferrol |
Concello | Fene - Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Construción | 16 de outubro de 1968 (56 anos) |
Lonxitude | 2000 m (total) 350 m (sobre a ría) |
Ancho | 2 + 2 carrís + beirarúas |
Tipo | Taboleiro |
Material | Formigón |
A ponte das Pías une os concellos de Fene e Ferrol sobre a ría de Ferrol. Por ela pasa a FE-14, anterior N-651, un dos ramais da N-VI.
Historia
[editar | editar a fonte]A ponte das Pías foi construída entre marzo de 1966 e outubro de 1968 cun custo total, incluídos os accesos de 246 millóns de pesetas[1] sendo inaugurada en 1968. O nome oficial era Puente del Caudillo, denominación que nunca foi empregada e a ponte era chamada das Pías, nome que por uso se fixo oficial[2]. O nome das Pías ven de «pías megalíticas», ocos funerarios de distinta profundidade baleirados sobre os penedos á beira da ría en Perlío, Fene. Tiñan forma variada: elíptica, rectangular e unha delas tiña forma de pirámide invertida coñecida como o funil. Esta necrópole celta vinculada co castro de Cardoeiro foi esnaquizada nos anos 1960 xunto co castro e está baixo os obradoiros do estaleiro[3].
A ponte era un proxecto necesario despois da creación do estaleiro Astano, actual Navantia Fene, e o seu paso á construción de petroleiros. Ata a inauguración da ponte era a vella ponte de Xuvia (ao fondo da ría) o camiño de entrada e saída de Ferrol. En 1913 inaugurárase a ponte do ferrocarril. O outro xeito de cruzar a ría era en lancha, medio que se empregou ata os inicios do século XXI pero que desapareceu coa inauguración da AP-9 en 2003. Dende a inaugaración da ponte das Pías as lanchas tiveron cada vez menos uso ata quedar só co servizo da lancha de Mugardos que unía esa cidade co porto de Ferrol.
A ponte das Pías tiña na súa inauguración un carril en cada sentido e beirarrúas. A ponte non tiña beiravía, o que limitaba o uso. O martes 13 de xaneiro de 1998 a ponte foi esnaquizada pola plataforma petrolífera Discoverer Enterprise que rompeu amarras pola noite, o que volveu deixar a comarca como antes de 1968. Despois de dous meses de obras a nova ponte foi inaugurada de novo con catro carrís (dous en cada sentido) seguía sen beiravía e estaba limitada a velocidade de circulación a 80 km/h. En 2003 foi inaugurada a nova ponte da autoestrada AP-9 o que deixou a ponte como comunicación local.
Servizos
[editar | editar a fonte]A ponte ten unha gasolineira na beira de Ferrol, dirección Fene. A velocidade na ponte vindo de Ferrol e dirección Fene é de 80 km/h dende Caranza ata chegar á altura de Navantia Fene onde a limitación é de 50 km/h, alí hai un radar que en 2010 puxo a cuarta parte de tódalas multas da provincia da Coruña[4][5].
A ponte nunca foi un lugar de paseo aínda que é moi empregada por afeccionados á pesca. A máxima concentración de xente prodúcese durante as botaduras de buques no estaleiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista aérea da ría de Ferrol (no centro a ponte das Pías).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En el 45 aniversario de la inauguración del acceso por As Pías. Acotaciones dun ferrolés
- ↑ Puente de As Pías vs Discoverer Enterprise
- ↑ PERLÍO 1960: AS PIAS Galicia Confidencial
- ↑ "La confusa señalización del radar nuevo de la avenida de As Pías. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22/08/2011. Consultado o 21/11/2012.
- ↑ Los radares de Tráfico multan a 380 conductores cada día en las carreteras de la comunidad. Faro de Vigo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo en Youtube do Discoverer Enterprise na Ponte das Pías.