Pobo wiradjuri
Pobo wiradjuri | |
---|---|
Windradyne, guerreiro e líder do pobo wiradjuri. | |
Poboación | |
Poboación total: | |
Rexións principais: | |
Australia | Nova Gales do Sur |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua wiradjuri |
Relixión | Relixión tradicional e cristianismo |
Grupos relacionados | aborixes australianos |
O pobo wiradjuri[1] ou wirraayjuurray é un grupo de pobos aborixes australianos que están unidos por unha lingua común, fortes lazos familiares e que sobreviviron como habilidosos cazadores-pescadores-recolectores en grupos familiares ou clans esparexidos por todo o centro de Nova Gales do Sur.
No século XXI, os grupos Wiradjuri máis grandes viven en Condobolin, Peak Hill, Narrandera e Griffith. Son unha importante minoría en Wagga Wagga e Leeton, e tamén existen grupos máis pequenos en West Wyalong, Parkes, Dubbo, Forbes, Cootamundra, Cowra e Young.
Territorio
[editar | editar a fonte]Os Wiradjuri son o grupo aborixe máis grande de Nova Gales do Sur. Ocupan unha ampla rexión no centro do estado que se estende dende as Montañas Azuis no leste até Hay no oeste, e de norte a sur dende Nyngan a Albury na rexión das Pendentes do Suroeste.
A área tribal dos wiradjuri foi descrita como "a terra do tres ríos, o wambool máis adiante coñecido como Macquarie, o Kalare máis adiante coñecido como Lachlan e o Murrumbidgee, ou Murrumbidjeri. O río Murray forma a fronteira sur dos wiradjuri, o cambio de bosques a campos abertos constitúe a súa fronteira oriental".[2]
Terras ocupadas polos wiradjuri teñen certas características, como árbores taladas e restos de campamentos. As árbores taladas atópanse máis comunmente nos arredores dos ríos Macquarie e Lachlan no norte e non no Murrumbidgee no sur. Os campamentos, que son indicación de asentamentos temporais por grupos pequenos, foron atopados en campos abertos, chairas de ríos e nos costados destes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dousset, Laurent. "Wiradjuri".
- ↑ Coe, Mary. Windradyne: A Wiradjuri Koori.