Playmate
Aparencia

Unha playmate é aquela modelo que aparece na revista Playboy sinalada como tal de forma mensual. No artigo sobre a Playmate do Mes inclúense fotografías da modelo espida e un póster central coñecido como centerfold, así como unha curta biografía e unha folla de datos na que se inclúen medidas, estatura, aniversarios e unha breve presentación. Ao final do ano, unha das doce playmates é elixida Playmate do ano.
Máis de seiscentas mulleres foron Playmates dende o segundo número da revista Playboy, en xaneiro de 1954. Hoxe en día, unha playmate cobra preto de 25.000 dólares polo seu artigo; élle entregado ademais un coche e 100.000 dólares se é elixida Playmate do Ano.[Cómpre referencia]