Piran
Piran (sl) Pirano (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Eslovenia | ||||
Município da Eslovénia (pt) | Piran Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.787 (2023) (84,91 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua eslovena lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 44,6 km² | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6330 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 5 | ||||
ISO 3166-2 | SI-090 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Łańcut (pt) Keszthely (pt) A Valeta Venecia Vis (en) Mangalia Bjugn (pt) Acqualagna (pt) Castel Goffredo Aquileia Ohrid (1981–) Indianapolis (2001–) | ||||
Monument of local significance (en) | |||||
Data | 10 de decembro de 1983 | ||||
Identificador | 513 | ||||
Sitio web | piran.si |
Piran (en italiano Pirano) é unha pequena cidade e concello de Eslovenia, sito na península de Istria, ao pé do Mar Adriático. Conta con 16.758 habitantes. É un municipio bilingüe, no que o esloveno e máis o italiano son idiomas oficiais.
O centro do concello contaba 4.576 habitantes (2002), moradores nunha área de 1 km². Outros importantes núcleos do municipio son Portoroz (Portorose en italiano) e Santa Lucia, que medraron en épocas recentes. Sito no sur de Istria, o concello linda xa con Croacia.
Piran é unha vella e ben conservada cidade mediterránea colocada na punta da península homónima (Punta Madonna en italiano). A cidade é como un grande museo a aire libre, cunha rica arquitectura medieval e unha potente herdanza cultural, proveniente do longo dominio e influencia da República de Venecia.
O centro da vida urbana é a praza de Tartini (Tartinijev trg, en esloveno; Piazza Tartini, en italiano), denominada así en honra do compositor e violinista Giuseppe Tartini (1692-1770), natural da cidade.
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piran |