Saltar ao contido

Piñeiro, Ames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro
Igrexa de San Mamede de Piñeiro.
ConcelloAmes[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°56′30″N 8°38′59″O / 42.9418, -8.6497
Área6,14 km²
Poboación244 hab. (2018)
Densidade39,74 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]
Hórreo de Piñeiro.

San Mamede de Piñeiro (á espera da oficialización da forma Sanamede de Piñeiro[2]) é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 244 habitantes (119 homes e 125 mulleres) 35 menos ca en 2006 e 62 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Piñeiro, derivado do latín pinārĭu, é un fitónimo referido á presenza de piñeiros.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Esténdense sobre unha superficie de 6,14 km². A parroquia é limítrofe coas de Ameixenda e Tapia. As aldeas son, de sur a norte: Covas, Rúa (ou Piñeiro de Abaixo), San Mamede (ou Piñeiro do Medio), Vilaverde, Fernande e Balindo.

A parroquia está conectada con Santiago de Compostela mediante unha liña de bus[3] operada pola empresa Hermanos Ferrín.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial sitúase en Piñeiro do Medio e está consagrada a San Mamede.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeiro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Ames (A Coruña)

Balindo | Covas | Fernande | Rúa | San Mamede | Vilaverde

Parroquias de Ames

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]