Pelayo Mancebo y Agreda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pelayo Mancebo y Ágreda 26 de xuño de 1845 Calahorra, A Rioxa, España |
Morte | 5 de setembro de 1912 Burgos, Castela e León, España[1] |
País de nacionalidade | Española |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Casilda Igón |
Fillos | Francisco Mancebo e Igón e Casilda Mancebo e Igón |
Pelayo Mancebo y Agreda, nado en Calahorra (A Rioxa) o 26 de xuño de 1845 e finado en Burgos o 5 de setembro de 1912, foi un enxeñeiro de camiños e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Francisco Mancebo y Medrano e de Micaela Agreda.[2] Obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1868. A súa familia eran grandes propietarios da cidade de Calahorra, e levaron unha política de consolidación matrimonial con outros patrimonios da comarca de La Rioja Baja, como os Rada, os Fernández de Navarrete e os Sáenz de Tejada. Casou con Casilda Igón, coa que tivo un fillo e unha filla, Francisco e Casilda.
Foi deputado nas Cortes Españolas en dúas lexislaturas, entre maio de 1884 e marzo de 1886 nas listas do Partido Conservador e polo distrito de Arnedo, circunscrición de Logroño.[3] O seu fillo, Francisco Mancebo de Igón, foi avogado e deputado tamén polo Partido Conservador entre 1907 e 1910[4].
O seu proxecto de enxeñería máis famoso foi o da Ponte Internacional que une as vilas fronteirizas de Tui e Valença do Miño. Os pregos orixinais tentaban conciliar as consideracións de índole económica e utilidade, coas consideracións estéticas. Unha mostra da súa sensibilidade artística está no seguinte parágrafo:
He huido de dar a los estribos el aspecto de fortificación, que en obras análogas suelen presentar, porque entiendo que artísticamente, no deben señalarse fronteras entre pueblos hermanos, como son España y Portugal, y porque proyectándose la obra desde el camino de Tuy, bajo los muros de la plaza fuerte de Valença, la comparación entre lo real y lo que imita, había de dar un carácter falso y pueril.
A execución final, levada a cabo pola empresa construtora belga Société Anonyme Internationale de Construction et d'Enterprise des Travaux Publics Braine-le-Comte, non seguiu exactamente todas as directrices do proxecto orixinal, en especial no que respecta ao uso de vigas de paredes cheas, en contraposición ás vigas de celosía propostas entusiasticamente por Mancebo, que sendo máis caras que as primeiras, terían como contrapartida un aínda mellor resultado estético.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Izquierdo, Marcelino. Blogs - larioja.com, ed. "El ‘puente de Eiffel’, obra del ingeniero riojano Pelayo Mancebo de Ágreda".
- ↑ López Rodríguez, Pedro (1997). "Balance de la estructura agrícola de la Rioja Baja. De la Restauración a la Segunda República" (PDF). Kalakorikos (2): 193–217.
- ↑ Congreso de los Diputados (ed.). "Índice histórico de Diputados - Mancebo y Agreda, Pelayo".
- ↑ Congreso de los Diputados (ed.). "Índice Histórico de Diputados - Mancebo de Igón, Francisco".
- ↑ Fernández Fernández, Xosé. "Historia del Puente Internacional de Tuy sobre el Miño" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2015. Consultado o 05 de abril de 2015.