Saltar ao contido

Pedro Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Delgado

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro Delgado Robledo Editar o valor en Wikidata
15 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1982-1984 Movistar Team
1985-1985 Artiach–Chiquilin
1986-1987 PDM
1988-1994 Movistar Team
Participou en
19941994 UCI Road World Rankings (en) Traducir (49º)
19931993 UCI Road World Rankings (en) Traducir (28º)
19921992 UCI Road World Rankings (en) Traducir (22º)
19911991 UCI Road World Rankings (en) Traducir (19º)
19901990 UCI Road World Rankings (en) Traducir (13º)
19891989 UCI Road World Rankings (en) Traducir (4º)
19881988 UCI Road World Rankings (en) Traducir (9º)
19871987 UCI Road World Rankings (en) Traducir (19º)
19861986 UCI Road World Rankings (en) Traducir (34º)
19851985 UCI Road World Rankings (en) Traducir (21º)
Tour de Francia
Vuelta a España Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webpedrodelgado.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm15675081 BNE: XX903770 Editar o valor en Wikidata

Pedro Delgado Robledo, nado o 15 de abril de 1960 en Segovia, é un ciclista español, gañador do Tour de Francia 1988 e da Vuelta a España 1985 e 1989. Actualmente é comentarista de eventos ciclísticos de TVE.

Resultados en grandes voltas ciclistas e Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta

[editar | editar a fonte]
Carreira 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994
Giro de Italia - - - - - - - - 15º - - -
Tour de Francia - 15º Ab. Ab. -
Vuelta Ciclista a España 29º 15º 10º - -
Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta - - - 25º 51º - 60º 20º 20º 35º 30º - -

-: no participa
Ab.: abandono

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1982 debutou na Vuelta Ciclista a España, a primeira Gran Volta que disputou, ao servizo de Ángel Arroyo, e rematou 29º na clasificación xeral. En 1983 sufriu unha caída na quinta etapa da Volta a España, mais realizou boas actuacións nas etapas seguintes, destacando un terceiro posto na sexta etapa, se ben non conseguiu chegar ao nivel dos mellores e finalizou 15º na clasificación xeral final.

Conseguiu vestirse de amarelo por primeira vez en 1984, ao terminar segundo na sétima etapa. Mantivo a camisola de líder cinco días e perdeuno na etapa dos Lagos de Covadonga, onde se viu atrasado ata a terceira praza da xeral. Na penúltima etapa, unha contrarreloxo, a choiva e o risco excesivo fixeron que o corredor segoviano sufrise unha caída, sen lesións de importancia pero si perdeu a concentración, perdendo a terceira posición e rematou 4º por detrás de Raymund Dietzen.

En 1985 venceu na etapa dos Lagos e conseguiu a camisola amarela onde a perdera o ano anterior. Con todo, ó día seguinte cedeu o liderado en beneficio do seu compañeiro de equipo Pello Ruíz Cabestany. Durante os días seguintes, o segoviano non terminou de atoparse a gusto e non conseguiu recortar diferenzas respecto de Robert Millar, o líder da carreira. Na penúltima etapa, e indo a máis de seis minutos do líder, Delgado atacou no descenso do porto de Navacerrada. Conseguiu distanciarse e ir abrindo espazo ata alcanzar a José Recio, que marchaba escapado por diante del, e ambos os dous colaboraron para que a escapada seguise adiante. Chegaron á meta con máis de seis minutos e medio sobre Miller, e Delgado, segundo na etapa, vestiuse coa camisola amarela.