Peña Cebollera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Comunidade de Madrid, España, provincia de Segovia, España e provincia de Guadalaxara, España | |||
| ||||
Cordilleira | Serra de Ayllón | |||
Características | ||||
Altitude | 2.127,624 m | |||
Peña Cebollera, tamén coñecido como Cebollera Vieja ou pico das Tres Provincias, é un cumio montañoso de 2129 msnm de altitude situada no extremo dos cordais principal e occidental da serra de Ayllón, no Sistema Central español. É o punto de confluencia dos límites das provincias de Madrid, Guadalaxara e Segovia, sinalizado este feito cun monólito na cima. Álzase sobre o porto de Somosierra, paso clave nas comunicacións do centro de España, e a localidade de Somosierra, punto de acceso máis inmediato para os excursionistas que realizan a ascensión.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Consta dun pico principal e dos seus consecuentes subsidiarios, entre os que destacan a pena dos Abantos (2124 msnm) e o cerro do Recuenco (2084 msnm). O cordal en que se atopa denomínase serra Cebollera, estendéndose desde este pico cara ao sur ata a Cebollera Nueva (1834 msnm) pola Cabeza del Tempraniego (2071 msnm), o Coto de Montejo (2047 msnm) e o alto da Fuente de Cabezuelas (1885 msnm). A cima de Pena Cebollera é o punto máis setentrional da Comunidade de Madrid.
Nos seus contrafortes nacen os ríos Jarama, ao sur, e Duratón, ao oeste.