Partido Socialista Italiano
Partido Socialista Italiano | |
---|---|
Acrónimo | PSI |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | socialismo, Socialdemocracia e Socialismo liberal |
Data de fundación | 14 de agosto de 1892 |
Data de disolución | 12 de novembro de 1994 |
Presidente/a | |
Nº de membros | 674.057 (1991) |
Sede | Roma |
País | Italia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Socialista Italiano (PSI) foi un partido político socialista fundado en 1892, durante anos foi o principal partido italiano de esquerdas pero despois da segunda guerra mundial foi substituído en gran parte polo Partido Comunista Italiano escindido del en xaneiro de 1921[1]. O PSI viuse envolto no escándalo da Tangentopoli que afectou fortemente a Benito Craxi, secretario xeral do PSI e o partido acabou disolvéndose en 1994.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En Italia o movemento obreiro organizárase nunha manchea de asociacións cooperativas e ligas moi influídas polo anarquismo e o sindicalismo e non se formara un partido socialista unificado ata 1892 promovido por Filippo Turati, Claudio Treves e Leonida Bissolati e adopta o seu nome oficial en 1893. Os conflitos entre reformistas como Bissolati e Turati e maximalistas como Arturo Labriola, influído polo anarcosindicalismo ocasionaron constantes crises nos primeiros anos do partido, reformistas tiveron a maioría nos congresos de 1900 e 1902 pero que perderon no congreso de 1904. Con ocasión da anexión de Libia por Italia o PSI enfrontouse a unha crise profunda da cal saíron vencedores os maximalistas contrarios á anexión, agora dirixidos por Benito Mussolini e os reformistas son expulsados en 1912, formando o Partido Socialista Reformista Italiano, outra crise azoutou ao partido con ocasión da primeira guerra mundial entre belicistas e contrarios á participación de Italia na guerra, que se saldou coa expulsión en 1914 de Benito Mussolini, que contrariamente ás súas antigas posicións agora era un fervoroso defensor da guerra. No ano 1921 produciuse a escisión do Partido Comunista e en 1922 o sector reformista de Turati formou o Partido Socialista Unificado. Coa chegada do fascismo ao poder o PSI pasou á clandestinidade, organizándose no exilio. Durante a resistencia e o primeiro período republicano mantén unha política de alianzas cos comunistas, o cal causará a escisión dos socialdemócratas en 1947. A partir de 1957 o PSI comezou a alonxarse dos comunistas colaborando no goberno de centro esquerda a partir de 1963, o que lle supuxo a saída do sector máis á esquerda do partido que formou o Partido Socialista Italiano de Unidade Proletaria en 1964. En 1966 o PSI e o Partido Socialista Democrático Italiano unifícanse pero xa en 1969 racha o acordo. En 1976 o PSI, dirixido por Francesco de Martino vira cara a esquerda, deixa o goberno e anuncia que non participará en ningún goberno que non conte cos comunistas, o PSI retíralle a confianza a de Martino e elixe como secretario nacinal a Betino Craxi. En 1980 inaugúrase o pentapartido coa Democracia Cristiá, o PSDI, o PLI e o PRI que terá como primeiro ministro a Craxi en 1983.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luigi Cortesi Le origini del PCI: studi e interventi sulla storia del comunismo in Italia. FrancoAngeli, 1999, páxina 9