Saltar ao contido

Panther (carro de combate)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panther
Tipocarro de combate medio
OrixeAlemaña
En servizo1943 - 1945 (coa Alemaña Nazi)
Usado porWehrmacht
GuerrasSegunda guerra mundial
Deseñado1942
FabricanteMAN, Daimler-Benz, MNH
Construídosao redor de 6.000
Anchura3.27 metros
Altura2.99 metros
editar datos en Wikidata ]

Panther é o nome común dun carro de combate medio desenvolvido pola Alemaña Nazi na segunda guerra mundial dende mediados de 1943 ata o fin da guerra en Europa en 1945. Pretendíase que contrarrestase ao T-34 soviético, ademais de ser o substituto dos Panzer III e Panzer IV. Nunca substituíu a este último, e combateu xunto con el e co máis pesado Tiger ata o final da guerra. A excelente combinación do Panther de potencia de fogo, mobilidade e protección serviu como punto de referencia para deseños de carros de combate doutras nacións nos últimos anos da guerra e tras ela, e está considerado como un dos mellores carros de combate da segunda guerra mundial[1].

Ata 1944 foi designado como o Panzerkampfwagen V Panther e a súa designación oficial era Sd.Kfz. 171. O 27 de febreiro de 1944, Hitler ordenou que o número romano V fose quitado do seu nome.

Equipaba o mesmo motor que o Tiger I, pero tiña unha mellor blindaxe frontal (incluído o beneficio dunha blindaxe inclinada, incrementando a súa efectividade), mellor penetración do canón, era máis lixeiro e polo tanto máis rápido, e podía atravesar terreos irregulares mellor que os Tigers. A súa desvantaxe era a blindaxe lateral máis débil. O Panther demostrou ser mortal en enfrontamentos en campo aberto e a longas distancias, pero vulnerable en combates a curta distancia. Ademais, o canón de 75 mm disparaba proxectís lixeiramente máis pequenos que o canón de 88 mm do Tiger, proporcionándolle menos potencia de fogo explosiva contra infantaría.

  1. Hart 2003, pp. 41–43

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hart, Stephen (2003). Panther Medium Tank 1942-45. Osprey Publishing (UK). ISBN 1-84176-543-0.