Palazzo Vecchio
Palazzo Vecchio | |
---|---|
Palazzo Vecchio | |
Coordenadas | 43°46′10″N 11°15′22″L / 43.769444444444, 11.256111111111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palazzo Vecchio (traducido ao galego coma Pazo Vello) atópase na Praza da Señoría, en Florencia, Italia. No seu interior, o pazo acolle un museo (Museo dei Ragazzi) no que se expoñen obras de Bronzino, Michelangelo e Giorgio Vasari, entre outros; e tamén as oficinas do Concello da cidade (Comune di Firenze).
Chamado en orixe Palazzo dei Priori ou Palagio Novo, cambiouse o nome polo de "Pazo da Señoría", o organismo principal da República florentina, no século XV. Despois coñeceuse coma "Pazo Ducal", ao establecer alí a súa residencia Cosme I de Medici en 1540. Despois, en 1565, empezaría a chamarse Palazzo Vecchio ao terse mudado Cosme ao Pazo Pitti.
A primeira construción atribúese a Arnolfo di Cambio, que a iniciou en 1299 incorporando a antiga torre de Foraboschi na fachada. Trala morte de Arnolfo, en 1302, o pazo foi rematado por outros artistas, en 1314. A forma exterior do edificio é a dun paralelepípedo, e na fachada principal atópase a Torre de Arnolfo, un dos emblemas da cidade. En 1400 a torre e o xardín interior tiveron que ser reconstruídos, xa que corrían perigo de derrubarse.
Entre as súas estadías máis importantes, sobresae o Salón dos Cincocentos, cuxa decoración mural se encomendou a Leonardo da Vinci (A batalla de Anghiari) e a Michelangelo (A batalla de Cascina). Lamentabelmente, ningunha delas rematou, e as paredes foron cubertas por outros frescos na decoración posterior de Giorgio Vasari.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palazzo Vecchio |
- Informaciones sobre Palacio Viejo (en español)
- Virtual Tour de Palacio ViejoArquivado 18 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.