Palacio da Zarzuela
Aparencia
Palacio da Zarzuela | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Recepción oficial nas escaleiras do palacio. | ||||
Tipo | palacio real ![]() | |||
Estilo | Barroco | |||
Uso(s) | Residencia oficial da Familia Real Española | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Madrid, España | |||
Datas | ||||
Inicio construción | 1627 | |||
Remate construción | 1635 | |||
Fundación | 1627 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Patrimonio Nacional | |||
Arquitecto | Juan Gómez de Mora Alonso Carbonel | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | Ben de Interese Cultural | |||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 4 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0009965-00000 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Palacio da Zarzuela é a residencia oficial do rei de España e a Familia Real e sede da Casa Real española; de propiedade estatal, o seu coidado e mantemento está ao cargo do Patrimonio Nacional. Está situada nas proximidades de Madrid, a entrada principal está no quilómetro 3.4 da estrada nacional N-VI.
Construíuse no século XVII por orde do Cardeal Infante Fernando, irmán do rei Filipe IV como sede de bailes e festas e foi reformado no século XVIII por orde de Carlos IV. Durante a Guerra Civil española foi case totalmente destruído quedando soamente a fachada, restaurado en 1959, converteuse en 1963 na residencia oficial do entón Príncipe de España, Xoán Carlos. En 1975 sufriu unha ampliación e creouse o actual salón de audiencias.