Póvoa de Varzim
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito do Porto | |||
Contén a división administrativa | Aguçadoura e Navais (pt) Aver-o-Mar, Amorim e Terroso (pt) Balazar (pt) Estela (pt) Laundos (pt) Póvoa de Varzim, Beiriz e Argivai (pt) Rates (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 63.408 (2011) (772,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 82,1 km² | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 190 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1308 | |||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4490 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 252 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-pvarzim.pt |
Póvoa de Varzim é unha cidade portuguesa do distrito do Porto, Rexión Norte e subrexión do Grande Porto.
Descrición
[editar | editar a fonte]Situada nunha chaira costeira areosa, ao sur do Cabo de Santo André, a medio camiño entre os ríos Miño e Douro, está poboada por 42.396 habitantes na área urbana, cun total de 63.408 no municipio, segundo o censo de 2011. Aínda que a porción urbanizada esta estendida, ao sur, cara Vila do Conde, habendo uns 100.000 habitantes na aglomeración. Cos concellos veciños de Vila do Conde e Esposende forma un dos polos urbanos do Norte de Portugal.
As primeiras poboacións fixáronse no seu territorio entre catro a seis mil anos atrás. Ao redor de 900 a.C., a inestabilidade na rexión levou á fundación dunha cidade amurallada, a Cividade de Terroso, que desenvolveu rutas de comercio marítimo coas civilizacións da antigüidade clásica. A Póvoa de Varzim moderna emerxeu despois da conquista da cividade pola República Romana ao redor do 138 a.C., a pesca e unidades de procesamento de pescado desenvolvéronse pouco despois, constituíndo as bases da economía local desde entón. No século XI, a industria pesqueira e campos fértiles formaron a base dun gran señorío feudal e Varzim foi ferozmente disputada entre os señores de Varzim e os primeiros reis de Portugal, o que levou á creación do municipio en 1308 e ser sometida ao poder monástico medieval poucos anos despois. A importancia da Póvoa de Varzim volveu emerxer coa era dos descubrimentos debido á competencia e riqueza dos seus construtores navais e navegantes, que negociaban ao redor do mundo en rutas comerciais complexas. Polo século XVII, a industria de transformación de pescado tomou novo alento e, algún tempo máis tarde, a Póvoa tornouse no porto pesqueiro dominante no Norte de Portugal.[1][2]
A Póvoa de Varzim é unha recoñecida praia balnearia desde hai tres séculos, a máis popular no Norte de Portugal,[1] o que instituíu unha cultura literaria influente e patrocinio na música e no teatro. É unha das poucas zonas de xogo legal en Portugal e posúe industria téxtil e alimentaria significativas.[1] A cidade mantén unha identidade cultural propia, unha cociña mariñeira rica e tradicións antigas, tales como siglas poveiras, a técnica agrícola das masseiras[3] e festas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Póvoa de Varzim." Grande Enciclopédia Universal (2004), vol. 16, pp. 10683-10684, Durclub
- ↑ "Povoa de Varzim." Arquivado 13 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Encyclopædia Britannica 11th edition, 1911 (en castelán).
- ↑ Campos de Masseira Arquivado 18 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Póvoa de Varzim |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barbosa, V.: (1941): A Povoa de Varzim: ensaio da historia desta villa.
- Ferreira de Almeida, C. A. (1972): A Póvoa de Varzim e o seu aro na antiguidade.