Saltar ao contido

Oséas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOséas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Salvador, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1990–1992 Galicia Esporte Clube
1993–1994 Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas
1994–1995 Uberlândia Esporte Clube
1995–1997 Clube Atlético Paranaense 19(12)
1997–1999 SE Palmeiras 62(24)
2000–2000 Santos Futebol Clube
2000–2001 Cruzeiro Esporte Clube 42(15)
2002–2002 Santos Futebol Clube
2002–2003 Vissel Kobe 44(19)
2004–2004 Sport Club Internacional 8(0)
2004–2004 Albirex Niigata 12(4)
2005–2005 Brasiliense Futebol Clube 19(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–1996   Brasil 2(0)

Instagram: oseinhadabahia Editar o valor en Wikidata

Oséas Reis dos Santos, nado en Salvador, Baía,[1] o 14 de maio de 1971,[2] é un exfutbolista brasileiro que xogaba de dianteiro. Foi internacional coa selección brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Galicia da súa cidade natal. En xaneiro de 1993 chegou a Ponteareas xunto a outros dous brasileiros, Gildo Santana e José Luis Garrido, para reforzar a SD Xuvenil, que ocupaba o derradeiro lugar na Rexional Preferente de Galicia.[3] Aínda que os efectos da súa chegada foron instantáneos, o equipo non conseguiu a permanencia. Oséas continuou en Ponteareas na seguinte tempada, a 1993/94, na que marcou 42 goles e o conxunto acabou como campión do grupo.[4][5]

A continuación regresou ao Brasil e xogou no Maruinense do Estado de Sergipe, onde realizou grandes actuacións dentro do campionato estatal.

Destacou a nivel nacional xogando no Athletico Paranaense, onde foi campión da Serie B e máximo goleador do campionato en 1995 (con 14 goles). Xunto con Paulo Rink, destacou no campionato brasileiro da serie A en 1996 e os seus goles e actuacións valéronlle a convocatoria para tres amigables coa selección brasileira en 1996 (contra Camerún, Bosnia e Hercegovina e Polonia).

Converteuse nun ídolo no Athletico Paranaense e en 1997 foi contratado polo Palmeiras. Marcou na final da Copa Mercosur de 1998 e na final da Copa Liberadores de 1999 contra o Deportivo Cali.

Logo pasou por Cruzeiro e Santos antes de probar sorte no Xapón, no Vissel Kobe. En 2004 gañou co Internacional o Campionato Gaúcho e a continuación regresou ao Xapón para xogar no Albirex Niigata.

No 2005 puxo fin á súa carreira no Brasiliense.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Oséas coa camiseta do Maruinense de Sergipe.
Atlético Paranaense
Palmeiras
Cruzeiro
Internacional

Premios individuais

[editar | editar a fonte]

Máximo goleador

[editar | editar a fonte]
Athletico Paranaense
  • Campionato Brasileiro de Serie B (1): 1995 (14 goles)
Cruzeiro
  • Copa Brasil (1): 2000 (10 goles)
  1. ogol.com.br: Dados pessoais de Oséas Arquivado 02 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
  2. br.sambafoot.com: Detalhes do ex-jogador Arquivado 04 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  3. Hermida, Xosé (15 de novembro de 1996). "El astro que nadie vio". El País (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  4. "El Juvenil de Ponteareas juega a ritmo de samba". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 1993. p. 48. 
  5. "Grupo 4 Primeira Galicia 1993/94". Consultado o 2 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]