Olivia Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Olivia Rodríguez González 13 de xuño de 1959 (65 anos) A Coruña, España |
Formación profesional | Filoloxía Española |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora, filóloga |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Gonzalo Vázquez Pozo |
Fillos | unha |
Pai | Mariano Tudela |
Olivia Carmen Rodríguez González, nada na Coruña o 13 de xuño de 1959, é unha filóloga e ensaísta galega. Dende 2012 é académica correspondente da Real Academia Galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do escritor e xornalista Mariano Tudela e da tradutora Ascensión González Deus. Doutora en Filoloxía Española pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada no Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001, Galaxia. Prologado por Carlos Casares.[2]
- Vicente Risco (Escritor, etnógrafo e ideólogo do galeguismo), 2002, Ir Indo.
Edicións e obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
- Actas Simposio Carlos Casares, 2009, Fundación Carlos Casares.
- Novas Achegas ao Estudo da Cultura Galega. II, 2012, Universidade da Coruña.
- Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015, xunto a Ana Acuña.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- La obra narrativa de Vicente Risco, 2001, publicada en Internet a través da Universidade Complutense.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Retorno a Iria Flavia. Obra dispersa y olvidada, 1940-2001, de Camilo José Cela, 2006, Alvarellos.
- Balada de los mares del norte. Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973, de Urbano Lugrís, 2008, Alvarellos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Del Romanticismo a la Posmodernidad, 2003, Laberinto, Madrid. Con Dolores Madrenas Tinoco.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da Crítica de Galicia en 2001, por Estética e teoría da cultura en Vicente Risco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Novos membros da Academia (25/6/2012), Real Academia Galega.
- ↑ Rodríguez González, Olivia (2001). Estética e teoría da cultura en Vicente Risco. Google Books (Galaxia). pp. 17– 21. ISBN 978-84-8288-467-7.